Menu Xerais

Un dos libros de maior relevancia na historia da poesía galega contemporánea: «Estirpe», de Xosé Luís Méndez Ferrín. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Estirpe, de Xosé Luís Méndez Ferrín. O libro recibiu o Premio da Crítica, 1994 (poesía) – Premio Losada Dieguez (Creación Literaria), 1995, e está publicado por Xerais na colección Poesía.

 

Estirpe, de Xosé Luís Méndez Ferrín

Entendo como unha fortuna ter na man esta edición non venal dun dos libros poéticos de maior relevancia na historia da poesía galega contemporánea. O Concello de Redondela ideou realizar esta reedición especial de Estirpe, que conmemora os vinte e cinco anos da súa aparición en Edicións Xerais. Imposible non lembrar a presentación do libro no Auditorio do Areal en Vigo no ano 1994 e a lectura do poema “Miña casiña, meu lar” por parte do autor. Un libro do que sempre se aprende, polo que non pasan os anos e se pasan é para melloralo porque a memoria de nós pervive sempre aí.

Deixa un comentario!