Menu Xerais

Un libro que atrapa e permite ler sen querer facer nada máis: «O meu nome é Ninguén», de Manuel Esteban. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.


O meu nome é Ninguén, de Manuel Esteban


Gustoume a proposta que realiza Manuel Esteban en O meu nome é Ninguén, publicado pola editorial Xerais, novela negra que a pesar de caer nalgúns clixés, sae airosa. Como sucedía co seu anterior libro (estamos ante unha saga???), o inspector Manso percorre Vigo, cidade protagonista e coprotagonista do policía, que ofrece unha lectura social. Social porque falamos de violencia de xénero, pederastia, pornografía infantil e abusos a menores con deficiencias, que ten a todo un bispo como principal sospeitoso: as persoas discapacitadas volven a escribir o telón de fondo no que se asenta a novela.

Como adoita suceder na novela negra moderna, o inspector é o prototipo de antiheroe, cheo de problemas e adiccións. Será un “ninguén”, un perdedor, porque a súa viaxe detectivesca levarao ata as portas do inferno. Porque no inferno é onde vivimos os seres humanos, cheos de contradicións e -máis que nada- dunha fonda soidade.
Un libro que atrapa e permite ler sen querer facer nada máis.


Deixa un comentario!