Menu Xerais

Un manual para debuxar cómic explicado en formato cómic: «Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva. Anotación no Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha anotación sobre o libro: Aprende banda deseñada con Fiz, de Kiko da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Cómics.

 

«Aprende banda deseñada con Fiz», de Kiko da Silva

Aprende banda deseñada con Fiz é xusto o que indica o seu título: un manual para debuxar cómic explicado en formato cómic. E protagonizado polo popular, e escatolóxico, personaxe creado por Kiko da Silva (Vigo, 1979), Fiz.

“Uuuaaau! Neste libro veñen todos os trucos para converterte nun auténtico debuxante de banda deseñada… Que ben! Acabo de decidir que xa non quero ser desempregado de maio. Vou debuxar comics!”. Con estas palabras de Fiz comeza o álbum de Da Silva, publicado por Xerais en 56 páxinas de cadriños a toda cor.

“Fiz é o neno máis porco do mundo”, define a editorial o personaxe, nado en 2005 co volume Fiz nos biosbardos, “gústalle todo o escatolóxico, como falar coas cacas ou facer cadros abstractos cos mocos”. E neste libro apréndelle aos lectores e lectoras a “crear unha banda deseñada”.

Aprende banda deseñada con Fiz tamén repasa a historia do medio, das orixes, os códices maias e os medievais, ao cómic americano ou o manga xaponés. Logo prescribe os materiais e propón unha ampla gama de exercicios sobre expresións, personaxes, gags ou viñetas.

Un decálogo pecha a obra, Consellos para ser Autor de CómicsEsquécete dos títuloSe moi curiosaIlusiónate con todo o que fagasEstuda o traballo doutros autoresLe e escribeDebuxa páxinasA práctica fai o mestreNon teñas medo a cometer errosSé constante, deixa de pospoñelo todoAprende dereitos de autor e a ser autónomo.

“Será Fiz quen de deixar de facer debuxos de cacas e converterse nun verdadeiro debuxante de cómics?”, pregúntase o autor na nota editorial de lanzamento, “prepara os lapis e vén pasalo en grande xunto a Fiz neste curso de cómic”.

Deixa un comentario!