Menu Xerais

«Un peixe no parqué», de Ramón Vilar Landeira, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de setembro

Un peixe no parqué, de Ramón Vilar Landeira, é un dos libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de setembro de 2019. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.

A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de ránking que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos e críticas (Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo) escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

 

 

 

 

 

 

 






 

Deixa un comentario!