Menu Xerais

Unha divertida aventura que educa ao lectorado máis novo no mundo da seguridade vial: «Orestes perde o sentido!», de Rosa Aneiros. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros, ilustrado por Kiko Da Silva. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.


Orestes perde o sentido!, de Rosa Aneiros

Simpático libro este que nos trae Rosa Aneiros co título Orestes perde o sentido!, publicado por Xerais e ilustrado por Kiko Da Silva.

O seu protagonista é un rapaz afeccionado aos videoxogos que un día esperta e o seu mundo non parece moi real; pero ten que axudar a súa irmá a recuperar un osiño de trapo de seu. E para isto terá que non esquecer as regras dun xogo que ten moito que ver coa seguridade vial. Así, a lectura leva ao lectorado máis novo por este mundo que poucas é tratado de xeito divertido e ameno.
Un tema que podía ser pedagoxicamente aburrido, convértese aquí nunha divertida aventura que educa case sen percatarnos. Así que ollo a como cruzamos a estrada ou se usamos ou non casco. Ah! Hai que mirar ben o semáforo! Non o esquezades (é que en Lalín non hai…)!!!

Deixa un comentario!