Menu Xerais

Unha fábula contemporánea construída con talento e efectividade: «O raposo aviador que voa sen motor», de Antonio Reigosa. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa, ilustrado por Laura Cortés. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.

 

O raposo aviador que voa sen motor, de Antonio Reigosa

Con ilustracións a cargo de Laura Cortés hai xa algúns días que apareceu O raposo aviador que voa sen motor: un novo libro de Antonio Reigosa, o escritor mindoniense, cronista da súa cidade natal, investigador e divulgador da cultura popular.

Reigosa manéxase con solvencia e experiencia contrastada nesta proposta creativa para as crianzas onde, como noutras ocasións, non poden faltar os raposos. Neste caso, o protagonista gaña a complicidade de quen se achegue a este libro desde a primeira páxina, quer pola súa simpatía, quer pola súa afouteza ou pola vontade de romper barreiras e converter así o soñado en real.  Un libro lúdico, participativo e imaxinativo onde hai lugar tamén para a poesía e a música. Para non esquecer esa fábula contemporánea dona dun ritmo vertixinoso e, sen dúbida, construída con talento e efectividade.

Ramón Nicolás

Deixa un comentario!