Menu Xerais

Unha fermosa novela de ciencia ficción na que a aventura e afouteza dos seus protagonistas engaiola ao lectorado: «Conta nove estrelas», de Andrea Maceiras. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Paula Mayor. O libro gañou o Premio Lazarillo 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín.

 


Conta nove estrelas, de Andrea Maceiras

Gañador do Premio Lazarillo 2018, Conta nove estrelas está escrito por Andrea Maceiras e conta coas ilustracións de Paula Mayor. Fermosa novela de ciencia ficción na que a aventura e afouteza dos seus protagonistas engaiola o lectorado pola posibilidade de conquistar un mundo mellor.

Mellor pola aceptación da diferenza, pola tolerancia como raíña das páxinas, e a superación como máxima dunha aprendizaxe nun mundo intergaláctico que non coñece a tolerancia porque a distopía deste mundo é a regularización máxima dos seus habitantes. Algo do que se debe fuxir e contra o que se debe loitar.

Quizais exista a posibilidade de construír un futuro salvable ollando o firmamento. Porque este firmamento é unha alegoría da esencia do ser humano, un ser humano capaz de amar a harmonía, de respectar a natureza, de convivir coa diferenza. Un mundo, por tanto, que non coñecemos.

Convídovos a coñecer a Galaxia Oma e quen a habita.

Deixa un comentario!