Menu Xerais

Unha guía maravillosa para valorar as obras da literatura infantil e xuvenil cun criterio crítico e de calidade: «Da Carapuchiña ao señor Lamote». Presentación de Chus Pereiro en «Versos e aloumiños»

O blog Versos e Aloumiños recolleu o texto que Chus Pereiro escribiu e leu na presentación do libro Da Carapuchiña ao señor Lamote, de Miguel Vázquez Freire, publicado por Xerais na sección LibroX.

 

«Da Carapuchiña ao señor Lamote», de Miguel Vázquez Freire

 

Dá gusto escoitar a Chus Pereiro. Mestra de E.P. leva ben anos arredor do mundo da lectura, da literatura e do teatro.
     Precisamente, convén salientar dúas pezas publicadas na colección Merlín (Ed. Xerais) que demostran as súas inquedanzas teatrais: ¡Mamasiña, que medo! e Restaurante Farruco.
Compartiu palestra hai uns días con Manuel Bragado na presentación do magnífico libro de Miguel Vázquez FreireDa Carapuchiña Vermella ao señor Lamote.
     O texto que leu Chus foi excelente, moi ben exposto, intelixente, didáctico e moi esclarecedor sobre a obra presentada e sobre o autor da mesma. Unha presentación fantástica.
     Dado o enorme interese que suscitou en nós a súa lectura,solicitámoslle o seu escrito para publicar en Versos e aloumiños e Chus, moi xenerosa, envióunolo, algo que lle agradecemos moi de corazón.
Presentación para o libro: Da Carapuchiña ao señor Lamote, de Miguel Vázquez Freire. Libraría Librouro, 7 de novembro de 2019.
Boas tardes a todas, a todos.
Moitísimas  grazas por vir.
Compráceme estar aquí hoxe dando a benvida a este libro de Miguel Vázquez Freire,coñecido escritor, crítico e comentarista .
Penso que non esaxero se digo que a aparición deste libro era  imprescindible. A  LIX  de hoxe, xa definida e consolidada per se, vive un momento de oferta de textos tan numerosa, en cantidade e calidade, que está a ocultar os seus clásicos. Fronte a eso, este libro é un remedio e unha vacina contra o descoñecemento e os falsos prexuízos, porque aquí está a orixe de todos os libros: os máxicos, os fantásticos, os aventureiros, os realistas, os didácticos, os rebeldes, os ilustrados… todos os que teñen pervivido de xeración en xeración.
     Diríxese a obra aos chamados mediadores ou comunicadores da LIX (familias, educadores), persoas que teñen un papel clave á hora de presentar ou graduar as lecturas, imprescindibles na comunicación literaria que se establece entre un escritor adulto e un lector infantil.
Sinala o autor, na presentación, que se trata dunha recopilación de textos publicados na Revista Galega de Educación nos anos que van de 2006 a 2018, mais hai unha unidade na obra, unha continuidade perfecta entre un capítulo e o seguinte.Ten unha formulación e unha estructura tan coherente que en ningún momento deixa ver ese carácter de suma de artigos diversos publicados en distintos momentos.  É un compendio das versións ao galego de obras clásicas daLIX, mais aporta  tamén informes e referencias das que non están aínda traducidas. Do lonxe, no tempo, o contidovaise achegando: das obras que beben da tradición oral ás máis recentesde autores recoñecidos. Do lonxe, no espacio, dende a literatura europea ou americana,chega ata os nosos  clásicos galegos. DaCarapuchiña de Perrault aoRamón Lamote de Paco Martín, facendo no primeiro capítulo unha análise da complexidade e dificultade do mundo da adaptación ou da traducción, como se pode dar nos  casosdo Ulises de Homero ou da Alicia de Carrol.
E nesta viaxe pola evolución histórica  da LIX, o  autor analiza as súas orixes, mais tamén o contexto de cada unha das obras(datos históricos, políticos, filosóficosou sociais de cada momento), a ideoloxía que  as motivou,  o simbolismoe a lectura psicoanalítica dos personaxes e os feitos ouas relacións entre a obra e a vida de cada autor. Parte da difusa intencionalidade da escrita das primeiras obrase sinala o paso da adopción das non pensadas inicialmente para os lectores máis novos ata o nacemento das  específicamente creadas para eles. Os clásicos son as fábulas vitais da especie humana.
     Amosa o autor o seu desacordo coas versións que rachan a esencia dunha obra cunha falsa infantilización,con enfoques moralistas ou de falso proteccionismo da infancia, conomisión de temas tabú referidos ao sexo ou á morte. Concordo con el. Penso que esas prácticas amosan un total descoñecemento e un menosprezo cara o mundo da infancia. Desenmascara así  versións dos clásicos que introducen aspectos sexistas que os orixinais non teñen (véxase o bico do príncipe a Brancaneves). E son graves, porque é o sexismo actual  o que nos  ten que preocupar. Se o sexismo de tempos pasados ten unha contextualización, é o sexismode hoxeo que non pode ter xustificación. Se  temos que ser firmes vixiantes no tocante aos roles de xénero que poidan aparecer nos clásicos, penso que é importante  que as persoas adultas, educadoras ou mediadoras, fagamos fincapé na observación dos mesmos.  A necesaria formación da conciencia  crítica na lectura non impide o disfrute dun texto. A sobreprotección nunca é boa receita. Era unha vez… Hai moito tempo… son as palabras clave que inician os contos clásicos. Eis a contextualización inicial dun texto no seu propio tempo.
Quero tamén  sinalar que o autor non escribe asépticamente. É de agradecer, porque na análise de cada obra transmite a paixón dun lector neno, dun compulsivo lector mozo que é quen de emocionarse aínda ao revivir o texto. Tampouco se deixa levar polo peso sagrado dos grandes nomes, e  analiza criticamente aspectos de obras que aínda valora e disfruta (véxase Roald Dahl)
     Valora  tamén o autor o mundo da ilustración (Maurice Sendak, Luis Seoane), defendendo o que é o equilibrio imaxe- palabra coma un todo artístico.
     Logo de analizar cada texto literario, aparecen no libro notas de versións cinematográficas e as súas referencias (aquí descúbrese tamén un bo cinéfilo), valoracións de ilustracións, informes de sitios web, versións  en banda deseñada e referencias bibliográficas, editoriais ou musicais.
Pode que na escolma dos textos e autores falten algúns, seguro, e o tempo o dirá. O que si está claro é que non hai un que sobre. Estes clásicos traspasaron os tempos e traspasaronas linguas. E, dado o seu valor universal, a cultura galega non só non prescindiu deles, senon que fixo xa marabillosas aportacións  que temos que promocionar con orgullo.
     Esta é unha obra  que supón unha aportación clara e práctica para valorar as obras da LIX. É una guía maravillosa para orientar  lecturas cun criterio  crítico e de calidade.
    Parabéns, Miguel, porque fixeches un bo traballo.
Chus Pereiro

Deixa un comentario!