Menu Xerais

Unha novela irónica e chea de humor cunha crítica ácida ao clasismo da sociedade: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco, publicado por Xerais na colección Narrativa.

 

‘Recensión: Eduard Velasco, « Os días felices de Benvido Seixas»


Teño que recoñecer que non son un lector interesado na literatura de carácter cómico mais non foi fácil soltar esta divertida novela. Eduard Velasco, quen ata o momento non tiña obra narrativa publicada, é o autor de Os días felices de Benvido Seixas, unha novela irónica e chea de humor cunha critica ácida ó clasismo da sociedade.

Bienvenido e Mariña logran facilmente a simpatía dos lectores porque resultan caricaturas moi sinxelas de dúas persoas que son produto de dous contextos ben distintos. A súa relación é totalmente ilóxica e so funciona pola ilusión que Benvido crea sobre ela, na que exerce un papel case teatral.

Os días felices de Benvido Seixas non é unha novela complicada nin esixe moito ó lector. É unha historia que non peca de innecesariamente artificiosa, que non pasará a historia da literatura, mais cumpre o seu evidente obxectivo, servir de entretemento a un lector que seguramente gozará dela no que queda das súas vacacións de verán.

David González Domínguez

Deixa un comentario!