Menu Xerais

Unha serie comiqueira con historias diferentes que nos fan sorrir: «Animalia 2. Branco», de Xosé Tomás. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín.


Animalia 2. Branco, de Xosé Tomás

Segue a me encantar esta serie comiqueira que escribe Xosé Tomás e que publica XeraisAnimalia 2. Branco lévanos ao mundo polar, á neve, ao frío, ao xeo, con historias diferentes para cada páxina -ás veces a páxina enteira é ocupada por un só fotograma- que nos fan sorrir constantemente e para comprender que moitos comportamentos humanos son máis animalescos do que quixeramos supór. Tamén serve para denunciar o cambio climático e para aprender. Unha morea de cousas que implican asemade clases de idiomas!

Buscade “Nunca oístes falar da crioxenización?” !!!

Deixa un comentario!