Menu Xerais

Uns versos que conseguen facer que o vento fale de mil formas diferentes: « Vento, ventiño, venteiro», de Antonio García Teijeiro. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro, con ilustracións de María Lires. O libro está publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.


Vento, ventiño, venteiro, de Antonio García Teijeiro

 

Cantos versos pode escribir o vento? Que llo pregunten a Antonio García Teijeiro, quen neste libro publicado por Xerais con ilustracións de María Lires, Vento, ventiño, venteiro, consegue facer que fale de mil formas diferentes. E como é o vento quen fala, nós escoitámolo mentres lemos, e canda el percorreremos mundos. Segundo o noso estado de ánimo falaremos con ventos falangueiros, bailaremos con bailadores, deixaremos de traballar canda os ventos lacazáns e nunca deixaremos de soñar porque o vento dos soños vainos axudar a voar.

O vento pódenos bicar e arrolar. Que fermosos son os seus aloumiños!  Embaucános o vento que percorre tantos mundos e ese que é quen de se reconverter en moitos diferentes con múltiples personalidades. Ventos que como as persoas son capaces de convidarnos a seguir soñando…

Deixa un comentario!