Menu Xerais

«Valentes. Un proxecto para a Igualdade». Novidade para Educación Infantil e Primaria

O material educativo «Valentes. Un proxecto para a Igualdade», concibido a partir do traballo por proxectos nas aulas, vai dirixido á Educación Infantil (5-6 anos) e á Educación Primaria (6-8 anos).

Con unidades baseadas en historias coas que as nenas e os nenos poden identificarse, búscase desenvolver a empatía, o diálogo e a capacidade crítica dende un enfoque normalizador dos contidos principais e mediante a proposta de metodoloxías activas e manipulativas, así como aprendizaxes cooperativas e educación respectuosa.

«Valentes» é un material didáctico interdisciplinario e versátil, porque traballa todas as áreas do currículo tendo en conta o plano emocional e as intelixencias múltiples e ofrece diferentes formas de utilización dependendo das necesidades do alumnado e do profesorado.

O proxecto inclúe materiais impresos (caderno do alumnado e proposta didáctica do profesorado) e dixitais (versión para encerado dixital interactivo).

Descargar o folleto con información completa.

Deixa un comentario!