Menu Xerais

Xerais e O Garaxe Hermético convocan o I Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, co obxectivo de fomentar a creación de cómic para o público infantil e xuvenil

 

Durante o transcurso de Viñetas no Atlántico na Coruña, o pasado mes de agosto, Xerais e O Garaxe Hermético presentaron publicamente as bases da primeira edición do Premio O Garaxe Hermético de Banda Deseñada, que se fallará antes de final deste ano 2019 e que publicará Xerais.

Dada a nova realidade creativa que dende o 2012 está a agromar nas aulas da Escola Profesional de Banda Deseñada de Galicia, O Garaxe Hermético de Pontevedra, e do compromiso de Edicións Xerais de Galicia coas súas lectoras e lectores así, como por fortalecer unha canle para que os/as novos/as autores/as da BD galega teñan facilidades para publicar obras de cómic en lingua galega, ambas as empresas únense para artellar un novo Premio de Banda Deseñada: I PREMIO  O GARAXE HERMÉTICO DE BANDA DESEÑADA.

O obxetivo deste premio é abrir oportunidades profesionais para o alumnado dos Cursos Profesionais de Banda Deseñada de O Garaxe Hermético, que está rematando ou xa rematarou a súa formación. Pretendemos que a primeira obra destes/as novos/as autores/as sexa editada en galego para contribuír á vitalidade e solidez da bd galega, profesionalizada e competente. E, finalmente, tamén é o noso desexo fomentar a creación de BD para  público lector infantil e xuvenil na nosa lingua co fin de reforzar unha base lectora firme que afiance un futuro esperanzador.

As bases do concurso poden descargarse nesta ligazón.






Deixa un comentario!