Menu Xerais

Arquivo anual: 2020

Un proxecto editorial precioso e único na edición cultural galega: «Calendario Xerais 2021. Mulleres Llanos,». Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o Calendario Xerais 2021. Mulleres Llanos, publicado por Xerais.   ‘Calendario Xerais 2021. Mulleres Llanos,’   Non quero que remate o ano sen recomendar o Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos, outra alfaia desa extraordinaria serie  sobre a memoria fotográfica concibida e editada por Celia Torres Bouzas.

Aldaolado: «Fainos ilusión saber que a xente está acollendo o libro como se tivese unha noite de festa na estantería». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «Ninguén morreu de ler poesía»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego con Aldaolado (dúo poético formado por Lucía Aldao e María Lado) sobre o libro: Ninguén morreu de ler poesía, publicado por Xerais na colección Poesía. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Intelectuais e liberdade: «Un señor elegante», de Suso de Toro. Anotación de Méndez Ferrín no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Xosé Luís Méndez Ferrín sobre o libro: Un señor elegante, de Suso de Toro, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Elba Pedrosa: «O formato epistolar deume a oportunidade de falar dun xeito máis íntimo aínda que no resto da narrativa do libro». Entrevista no «Galicia por Diante» sobre: «O que non sabías»

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, emitiu unha entrevista coa escritora Elba Pedrosa sobre o libro: O que non sabías, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Xerais edita un libro de contos póstumo do narrador de Nogueira de Ramuín: «Ulcis», de Xosé Fernández Ferreiro. Anotación no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación asinada por Héctor J. Porto sobre o libro: Ulcis, de Xosé Fernández Ferreiro, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode descargarse nesta ligazón.

Antonio Piñeiro gaña o XXVII Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta pola obra: «Trávelin». Noticia no «Diario de Arousa»

O xornal Diario de Arousa publicou unha noticia sobre o premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, que gañou na súa XXVII edición o ribeirense Antonio Piñeiro pola obra titulada: Trávelin. O certame está dotado con 3.000 euros e garantiza tamén a publicación da obra gañadora por Xerais.

Álex Alonso: «A novela está construida a partir das páxinas do Faro de Vigo». Entrevista no «Zig Zag Fin de Semana» sobre: «Granito»

O programa ZigZag Fin de Semana, da TVG, emitiu unha entrevista de María Solar co escritor Álex Alonso sobre o libro: Granito, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXXI Premio Torrente Ballester de Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Capacidade de imaxinar, de crear e valentía que rompe fronteiras: «Somos os monstros», de Paula Carballeira. Crítica de Roberto Pascual no Diario Cultural

Roberto Pascual interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Somos os monstros, de Paula Carballeira, con ilustracións de Ignacio Hernández Fernández, publicado por Xerais na colección: Biblioteca Dramática Galega. O libro gañou o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018 – Lista de Honra 2019 da OEPLI. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Un repaso pola historia de Galicia dos últimos cen anos a través da traxectoria dos Baltar: «Un señor elegante», de Suso de Toro. Crítica de Joaquim Ventura

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Joaquim Ventura sobre o libro: Un señor elegante, de Suso de Toro, publicado por Xerais na colección Narrativa. .

«A señorita Bubble. Baixo cero» e «Patio de luces», entre os contos infantís para o Nadal recomendados polo xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha selección de títulos infantís para o Nadal con mención a dúas obras publicadas por Xerais: A señorita Bubble. Baixo cero, de Ledicia Costas e Andrés Meixide; e Patio de luces, de Érica Esmorís e Juan Berrio. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Entre a loucura e a maldade: «Os incurábeis», de Antonio Tizón. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre o libro: Os incurábeis de Antonio Tizón, publicada por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O humor como recurso literario para chegar alí onde a palabra máis seria pasa desapercibida: «Ninguén morreu de ler poesía», de Aldaolado. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro: Ninguén morreu de ler poesía, de Aldaolado (dúo poético formado por Lucía Aldao e María Lado), publicado por Xerais na colección Poesía. Aldaolado, «Ninguén morreu de ler poesía» Por se aínda hai alguén que non estea ao tanto, «Aldaolado» é o dúo poético e musical integrado por Lucía Aldao e María Lado.