Publicado o 31 Xaneiro, 2020 nas categorías Críticas, Narrativa, Reportaxes
O xornal El Correo Gallego publicou unha reportaxe asinada por José Miguel Giráldez na que se da conta dunha selección de libros de diferentes xéneros que triunfaron no 2019, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Un lume azul, de Pedro Feijoo e Infamia, de Ledicia Costas.
Ler máis →
Publicado o 31 Xaneiro, 2020 nas categorías Críticas, Narrativa
O xornal Galicia Confidencial publicou unha anotación asinada por Uxía Iglesias sobre o libro: A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto, publicado por Xerais na colección: Narrativa.
Traendo á memoria os cantos das conserveiras contra os abusos dos seus patróns
As mulleres das fábricas de conserva facían canción protesta, nin máis nin menos.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2020 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Xuvenil
O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Ánxela Gracián sobre o libro: O grupo, de An Alfaya, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil 2018.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2020 nas categorías Infantil, Lectura, Narrativa, Publicacións, Reportaxes, Xuvenil
Publicouse en Vinte unha reportaxe asinada por María Yáñez e Berta Dávila na que se da conta dunha selección dos vinte mellores títulos da ficción literaria escrita en galego publicados nos últimos 20 anos. Na escolma participaron vinte homes e vinte mulleres que gardan relación de diferentes maneiras co ámbito do libro.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2020 nas categorías Noticias, Premios_Xerais
Xerais convoca a 37 edición do Premio Xerais de Novela; a 35 edición do Premio Merlín de Literatura Infantil e a 12 edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2020 nas categorías Merlín, Premios
O sábado 1 de febreiro de 2020 ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, terá lugar o acto de entrega do III Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade á escritora Antía Yáñez.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2020 nas categorías Infantil, Merlín, Novidades, Xuvenil
Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso, de Héctor Cajaraville, é unha novidade da colección Merlín de Xerais.
Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, como autor literario e como docente e promotor da nosa lingua nos diferentes ámbitos, espazos e contextos de uso.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2020 nas categorías Críticas, Narrativa
O escritor e crítico literario Armando Requeixo publicou no suplemento común dos xornais do Grupo La Capital (‘El Ideal Gallego’, ‘Diario de Ferrol’, ‘Diario de Arousa’ e ‘Diario de Bergantiños’) unha anotación sobre o libro: Formigas nos pés, de Nazaret López, publicado por Xerais na colección: Narrativa.
A recensión pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 27 Xaneiro, 2020 nas categorías Poesía, Presentacións
O sábado 1 de febreiro ás 12:00 horas, no Centro Cívico de Canido, rúa Poeta Pérez Parallé, Ferrol, terá lugar a presentación do libro Onde nacen as hedras de Ana Varela, VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019.
No acto, organizado en colaboración co Centro Cívico de Canido, intervirán Mario Regueira, Ana Varela e Fran Alonso.
Ler máis →
Publicado o 27 Xaneiro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Fóra de Xogo, Infantil, Xuvenil
Lois Z. publicou en Biosbardia unha crítica sobre o libro: Penumbra, de Daniel Landesa, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.
‘Penumbra’, un capítulo de ànime´de papel
Unha das sentinelas que patrullan o muro que separa a Terra do Sol do reino de Penumbra desaparece e a súa irmá pequena, Ashlyn, vai dar aviso á capital.
Ler máis →
Publicado o 27 Xaneiro, 2020 nas categorías Infantil, Merlín, Novidades, Xuvenil
Mariña e o balón, de Pere Tobaruela, con ilustracións de Pablo Rosendo, é unha novidade da colección Merlín de Xerais.
Mariña é unha namorada do fútbol e da poesía. Escribe poemas acotío, pero aínda non se decidiu a anotarse nun equipo de fútbol porque pensa que todo o mundo vai ser coma os seus compañeiros da clase, que sempre amolan as nenas que queren xogar co balón no recreo.
Ler máis →