Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2020

Unha publicación importante que nos achega á figura dun gran filólogo, poeta e profesor: «Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994)». Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994), coordinado por Xosé Abilleira e Stella Maris. O libro está publicado por Xerais na colección Estudos Literarios.

Novidade: « Trescatorcedezaseis», de Rocío Leira. Un matemático deberá desentrañar o misterio que se agocha tras uns asasinatos no campus universitario

Trescatorcedezaseis, de Rocío Leira, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. «Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus universitario.

«Infamia», de Ledicia Costas, e «Un lume azul», de Pedro Feijoo, entre entre os volumes con maior impacto no mercado do libro galego do 2019. Reportaxe en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por Xaquín Núñez Sabarís na que se da conta dunha selección de novidades editoriais de suspense que tiveron un gran impacto no mercado do libro galego do 2019, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Un lume azul, de Pedro Feijoo e Infamia, de Ledicia Costas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Onde nacen as hedras” de Ana Varela

O mércores 29 de xaneiro ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Onde nacen as hedras de Ana Varela,VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019. No acto participarán Antía Ortero, Ana Varela e Fran Alonso.

Novidade: «O verán en Lucenza», de Alberto Fortes. Unha novela que nos devolve a unha Galicia rural que xa non existe

O verán en Lucenza, de Alberto Fortes, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O fillo do Cortizo é un rapaz que pasa as vacacións de verán coas súas tías avoas nunha afastada aldea galega dos anos 70. Ao tempo que constrúe a súa personalidade, o protagonista énchese de experiencias e descubertas e debe aprender a vivir co peso da culpa.

Unha lectura que ninguén debería perder: «O mar que nos leva», de Moncha Fuentes. Anotación de Ángel García Carragal

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha anotación asinada por Ángel García Carragal sobre o libro: O mar que nos leva, de Moncha Fuentes, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio da Crítica Galega (Creación), 2019. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético», de Henrique Dacosta. Un libro divulgativo sobre a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2020

Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético, de Henrique Dacosta, é unha novidade da colección LibroX de Xerais. Un libro divulgativo sobre a vida e a obra do autor das Letras Galegas 2020. Quen era, como viviu e como pensaba Carvalho Calero. Unha biografía clara e concisa para todos os públicos.

«Conexión Macarrón», de Ledicia Costas; e «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas, entre os títulos infantís seleccionados por «La Voz de Galicia» para o Nadal

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por Olalla Sánchez na que se da conta dunha selección de títulos infantís para o Nadal, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, ilustrado por Laura Suárez; e Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto e Víctor Rivas. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra (1936-1966)», de Mario Regueira. Unha análise da reconstitución do campo cultural galego tras o enorme impacto da Guerra Civil

Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario de posguerra (1936-1966), de Mario Regueira, é unha novidade da colección Universitaria de Xerais.

Unha obra que desborda beleza e sensibilidade por cada poro de cada liña escrita: «Formigas nos pés», de Nazaret López. Anotación de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro Formigas nos pés, de Nazaret López, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Novidade: «Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)», de Celso Emilio Ferreiro. A luz dunha poesía que é capaz de trascender o tempo

Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939), de Celso Emilio Ferreiro e Francisco Xavier Ferreiro Loredo, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais. A aparición de “Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)” supón un verdadeiro acontecemento literario.

A chegada ao galego dun clásico xuvenil da literatura francesa: «A guerra dos botóns», de Louis Pergaud. Anotación en El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Ánxela Gracián sobre o libro: A guerra dos botóns, de Louis Pergaud, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.