Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2020

Presentación en Lugo de “Rexurdimento: a palabra e a idea” de Anxo Angueira

O xoves 23 de xaneiro de 2020, ás 20:15 horas, na librería Biblos, rúa Salvador de Madariaga 1, Lugo, terá lugar a presentación do libro Rexurdimento: a palabra e a idea de Anxo Angueira. No acto participarán Xabier Cordal e Anxo Angueira.

Isidro Dubert: «A vaga migratoria actual está formada por xente moza, cunha gran cualificación e cun enorme potencial demográfico que se está a perder»: Clube de lectura en Radiofusión sobre: «A morte de Galicia»

A morte de Galicia, de Isidro Dubert (ed.), protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Divina Arnoso e Miguel Rodríguez, xunto con dous dos autores do libro: Isidro Dubert e Antía Pérez Caramés. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Un dos mellores álbums publicados en galego nos últimos anos: «A araña que lles tiña medo ás arañas», de Ramón D. Veiga. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre o libro: A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de Iván Rodríguez Castro. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.    A araña que lles tiña medo ás arañas, de Ramón D.

Conversa ao redor de “A morte de Galicia” de Isidro Subert (ed.)

O martes 21 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Biblioteca EMAO, rúa García Barbón 5, Vigo, terá lugar o primeiro acto do ciclo “Repensar Galicia” que leva por título A morte de Galicia. No acto, organizado polo Ateneo Atlántico e Xerais, participarán Isidro Dubert e Antía Pérez Caramés, autores do libro A morte de Galicia e presenta Manuel Bragado.

Unha antoloxía dos abusos e a discriminación ás mulleres na época industrial: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019.

Ana Varela: «Este libro é para os que sobreviven ao cambio, á perda, ao abandono». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «Onde nacen as hedras»

Onde nacen as hedras, de Ana Varela, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Tatty Lavandeira e Andrés C.M. Riveira, ademais da autora. O libro gañou o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019, e está publicado por Xerais na colección Poesía. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Poesía narrativa e moito humor para contar a historia de dez gatiñas moi rebuldeiras que percorren toda a xeografía galega: «Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas. O libro está publicado por Xerais na colección: Pequeno Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 25´.

Trinta anos de traballo e de ardua investigación para escribir unha biografía amable e rigorosa: «Rafael Dieste. O libre pensamento», de Luís Rei Núñez. Anotación na revista «Grial»

Grial, a revista galega de cultura, publicou no seu número 223 unha anotación asinada por Miro Villar sobre o libro: Rafael Dieste. O libre pensamento, de Luís Rei Núñez. O libro está publicado por Xerais na colección: Crónica – Biografía.

Unha boa novela humorística: «Os días felices de Benvido Seixas», de Eduard Velasco. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha crítica sobre o libro: Os días felices de Benvido Seixas, de Eduard Velasco,  publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Os días felices de Benvido Seixas’, unha boa novela humorística Un precedente na nosa literatura d’Os días felices de Benvido Seixas (Xerais, 2019) podería ser, se cadra, o relato de María Lado na antoloxía de ficción erótica Abadessa, oí dizer.

Unha novela que é puro sentimento: «Formigas nos pés», de Nazaret López. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: Formigas nos pés, de Nazaret López, publicado por Xerais na colección: Narrativa.

Unha escolma de artigos caracterizados pola nota sentimental, o rigor intelectual e a amenidade: «Vigo, puro milagre», de Manuel Bragado. Anotación de Estro Montaña

O xornal Faro de Vigo publicou una anotación do escritor Estro Montaña sobre o libro: Vigo, puro milagre, de Manuel Bragado, publicado por Xerais na colección: Crónica – Xornalismo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un relato sobre a memoria da mocidade feliz que definitivamente marchou de onda nós: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.