Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2020

Unha novela intensa e desacougante: «O ceo das reixas», de Eli Ríos. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Presentación en Allariz de “Rexurdimento: a palabra e a idea” de Anxo Angueira

O xoves 16 de xaneiro de 2020 ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco, rúa San Lorenzo 3, Allariz, terá lugar a presentación do libro Rexurdimento: a palabra e a idea de Anxo Angueira. No acto, organizado pola Fundación Vicente Risco, participarán Anxo Angueira e Celia Pereira Porto.

«Xelís, o guieiro das botellas de mar», de Rosa Aneiros, entre as lecturas recomendadas por Manrique Fernández para os cativos

O blog O meu andel publicou un artigo no que Manrique Fernández fai unha selección de libros para os cativos, con mención a: Xelís, o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros, publicado por Xerais na colección: Merlín. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2019.

Unha gorentosa peza divulgativa que afonda nos tópicos sobre a nosa cultura medieval: «Arte e escritura na Galicia medieval», de Anselmo López Carreira. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Arte e escritura na Galicia medieval. Séculos VI-X, de Anselmo López Carreira, publicado por Xerais na colección LibroX.

Presentación en Pontevedra de “As bolboretas do Mekong” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O xoves 16 de xaneiro de 2020 ás 20:00 horas, no Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto, organizado pola Asociación Cultural Maio Longo,  participarán Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Abilleira Sanmartín e Cesáreo Sánchez Iglesias.

Pedro Feijóo: «`Un lume azul´ é un libro duro, agresivo, unha novela na que tes que coller aire para seguir mirando a escena». Entrevista no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista co escritor Pedro Feijóo con motivo da presentación do seu libro, Un lume azul, na libraría Librouro. A noticia e a entrevista pode verse nesta ligazón.

Conversa a redor da diversidade sexual nas novelas do “Ciclo dos elementos” de María Reimóndez

O sábado 11 de xaneiro ás 12:30 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz 125, Vigo, terá lugar unha conversa ao redor da diversidade sexual nas novelas do “Ciclo dos elementos” de María Reimóndez. No acto participarán Éric Dopazo, músico e transactivista; Ana Ojea, docente, activista e titora LGBTIQ+ no Instituto Politécnico de Vigo e María Reimóndez. Haberá vermú e petiscos.

Catorce relatos inquietantes que mostran un mundo sórdido: «Un conto siciliano e outras historias», de Estro Montaña. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Un libro que fala sobre o tempo e o clima de Galicia e que desmonta moitos tópicos: «Os tempos e o clima de Galicia». Recomendación de lectura de José Miguel Viñas

José Miguel Viñas, divulgador e consultor da OMM -Organización Meteorolóxica Mundial- recomenda o libro: Os tempos e o clima de Galicia, de Alberto Martí Ezpeleta, Juan José Taboada, Dominic Royé e Xavier Fonseca, publicado por Xerais na colección: Básicos Ciencia. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Todos arrastramos traumas cos que temos que convivir». Noticia no xornal «Faro de Vigo» sobre «Infamia»

A escritora Ledicia Costas participou no Club FARO para falar sobre o libro: Infamia, publicado por Xerais na colección Narrativa. A noticia foi publicada polo xornal Faro de Vigo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha lectura que non defraudará a quen procure unha trama que o absorba: «Un lume azul», de Pedro Feijoo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: Un lume azul, de Pedro Feijoo, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   Un lume azul, de Pedro Feijoo (Xerais)   Xa lles adianto que esta non vai ser unha crítica doada de facer.

Un percorrido singular polo territorio da desolación, a ruína e o abatemento onde nacen as hedras: «Onde nacen as hedras», de Ana Varela. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Onde nacen as hedras, de Ana Varela, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o VI Premio de Poesía Gonzalo López Abente 2019.