Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2020

Paisaxe literaria despois da batalla: «Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966)», de Mario Regueira. Anotación no «Galicia Hoxe»

O xornal Galicia Hoxe publicou unha anotación de Joaquim Ventura sobre o libro: Narrativa e imaxinario nacional na reconstrución do campo literario na posguerra (1936-1966), de Mario Regueira, publicado por Xerais na colección: Lingua e Literatura.

Alberto Fortes: «Esta novela trata do tempo e da memoria, da apreciación de instantes fóra do tempo». Entrevista no xornal «Diario de Pontevedra» sobre: «O verán en Lucenza»

O xornal Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao escritor Alberto Fortes, sobre o libro: O verán en Lucenza, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Desfile de extraterrestres: «Conexión Macarrón», de Ledicia Costas. Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O suplemento Faro da Escola, do xornal Faro de Vigo, publicou unha noticia asinada por Fran G. Sas sobre a charla que ofreceu a escritora Ledicia Costas a un grupo de alumnos de Primaria sobre o libro: Conexión Macarrón, publicado por Xerais na colección: Merlín. A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Fran Alonso: «Necesitamos que a Xunta nos acompañe nas nosas accións». Entrevista no xornal «Nós Diario»

  O xornal Nós Diario publicou unha entrevista de Héctor Pena a Fran Alonso, director de Xerais. FRAN ALONSO: “Necesitamos que a Xunta nos acompañe nas nosas accións” Os futboleiros máis irredentos atoparán unha extraordinaria analoxía entre o caso de Fran Alonso (Vigo, 1963) e o de Luís Aragonés.

«Aplicación instantánea», de Carlos Negro, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Aplicación instantánea, de Carlos Negro, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Un libro que reflexiona sobre a importancia da nomenclatura na interpretación da historia: «Arte e escritura na Galicia medieval», de Anselmo López Carreira. Entrevista no programa «ZigZag»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co historiador Anselmo López Carreira sobre o libro: Arte e escritura na Galicia medieval. Séculos VI-X, publicado por Xerais na colección LibroX. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Diego Ameixeiras: «Este libro é a historia dunha vinganza e tamén de marxinación». Entrevista na revista «Pincha» sobre «A crueldade de abril»

  A revista de gastronomía e cultura Pincha publicou unha entrevista de Ruth Ríos ao escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: A crueldade de abril, publicado por Xerais na colección: Narrativa. (Imaxe: Iván Barreiro – Pincha).

Un acontecemento literario que desvela como é a poesía que Celso Emilio Ferreiro escribiu na Guerra Civil: «Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)». Crítica de Ramón Nicolás no Diario Cultural

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939), de Celso Emilio Ferreiro, publicado por Xerais na colección: Clásicos. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Unha obra que recolle un conxunto de saberes e sentimentos dun gran profesor e intelectual: «Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso», de Héctor Cajaraville. Anotación en El Correo Gallego

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Blanca-Ana Roig Rechou sobre o libro: Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso, de Héctor Cajaraville, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A mellor metáfora dunha Europa vella e fantasmagórica: «O verán en Lucenza», de Alberto Fortes. Artigo de Santiago Jaureguizar

Santiago Jaureguizar publicou no suplemento Táboa Redonda, dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra, un artigo no que fala sobre o libro:  O verán en Lucenza, de Alberto Fortes, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha correcta exposición do significado do avellentamento no noso país: «A morte de Galicia», de Isidro Dubert. Anotación no xornal «La Opinión»

O xornal La Opinión publicou una anotación de Alfredo Iglesias Diéguez sobre o libro: A morte de Galicia, de Isidro Dubert (ed.), publicado por Xerais na colección: Edición Literaria – Crónica – Historia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “Rexurdimento: a palabra e a idea” de Anxo Angueira

O xoves 5 de marzo de 2020 ás 19:30 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro Rexurdimento: a palabra e a idea de Anxo Angueira. No acto participarán Antón Figueroa, Anxo Angueira e Fran Alonso.