Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2020

Novidade: «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea», de Rosa Aneiros. A extraordinaria aventura que converterá a tres nenos en afoutos bichicomas

Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Abi Castillo, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018. Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse.

Máis de 70 traballos optan a unha nova edición dos Premios Johan Carballeira. Noticia no xornal Faro de Vigo

Un total de 74 traballos optan aos Premios Johan Carballeira, que convoca a Concellería de Cultura do Concello de Bueu. A noticia foi publicada polo xornal Faro de Vigo. artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «A póla branca», de Xavier Seoane. Versos enormemente actuais, moi ocurrentes, persoais, capaces de abraiar

A póla branca, de Xavier Seoane, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. «A póla branca», que se inicia cun espléndido limiar sobre os haikus e a súa tradición, trasládanos á capacidade creativa de Xavier Seoane ante ese xénero e ofrécenos versos enormemente actuais, sintéticos, moi ocorrentes, persoais, capaces de abraiar.

Unha obra fundamental para que o lectorado xuvenil aumente a súa enciclopedia lectora: «Vinte mil leguas baixo dos mares», de Jules Verne. Anotación en «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Raquel Senra Fernández sobre o libro: Vinte mil leguas baixo dos mares, de Jules Verne, con ilustracións de Dani Padrón. O libro está publicado por Xerais na colección Xabarín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Antía Yáñez recolleu en Vilalba o III Premio Agustín Fernández Paz pola novela infantil: «Plan de rescate». Noticia no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha noticia sobre o acto de entrega do III  Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade á escritora Antía Yáñez, pola obra: Plan de rescate.  A noticia pode lerse ou descargarse en formato pdf. nesta ligazón.

Novidade: «A formiga destemida», de María Reimóndez. Unha fábula sobre a importancia de afrontar a vida sen prexuízos que nos limiten

A formiga destemida, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Unha formiga curiosa e valente decide afastarse do seu formigueiro para vivir novas experiencias.

Galicia e os mitos natalistas: «A morte de Galicia», de Isidro Dubert. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: A morte de Galicia, de Isidro Dubert (ed.), publicado por Xerais na colección: Edición Literaria – Crónica – Historia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Luz ao Celso Emilio inédito da Guerra Civil: «Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)», de Celso Emilio Ferreiro. Anotación no xornal «La Región»

O xornal La Región publicou unha anotación asinada por Elisabet Fernández sobre o libro: Birimbao. Poemas de mí para ti 1937-1939, de Celso Emilio Ferreiro, publicado por Xerais na colección Xerais Clásicos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «Veleno de tinta impresa», de Xosé A. Neira Cruz. Unha homenaxe ás pioneiras que abriron camiño

Veleno de tinta impresa, de Xosé A. Neira Cruz, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo, 2019. Elvira Morales, unha moza nacida a finais do século XIX, acaba de rematar os estudos de maxisterio e toma a decisión de apostar polo seu soño de traballar como xornalista nunha sociedade en que ese cometido está reservado para os homes.

A vivencia dun tempo de felicidade nunca recuperado: «O verán en Lucenza», de Alberto Fortes. Anotación de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou nos xornal Diario de Pontevedra unha anotación sobre o libro: O verán en Lucenza, de Alberto Fortes, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Birimbao

Un libro que testemuña o pulo creador do seu autor: «Birimbao. Poemas de mí para ti 1937-1939», de Celso Emilio Ferreiro. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Birimbao. Poemas de mí para ti 1937-1939, de Celso Emilio Ferreiro, publicado por Xerais na colección Edición Literaria – Xerais Clásicos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «dente de leite», de Arancha Nogueira. Un libro nostálxico sobre a inocencia perdida

dente de leite, de Arancha Nogueira, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. O libro gañou o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu. dente de leite é ante todo un libro nostálxico, sobre a inocencia perdida, que parte do recordo dun verán na infancia.