Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2020

Xerais rescata medio cento de inéditos do autor de Celanova: «Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)», de Celso Emilio Ferreiro. Anotación no xornal Nós Diario

O xornal Nós Diario publicou unha anotación de Daniel Salgado sobre o libro: Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939), de Celso Emilio Ferreiro, publicado por Xerais na colección: Xerais Clásicos   O que Celso Emilio escribiu na guerra Xerais rescata medio cento de inéditos do autor de Celanova.   En 1937, Celso Emilio Ferreiro estivo ao bordo dunha morte certa.

«Escarlatina, a cociñeira defunta», «O corazón de Xúpiter» e «Fariña», entre os libros máis lidos nas bibliotecas públicas no 2019

O xornal La Voz de Galicia, publicou unha reportaxe asinada por M. Méndez sobre os libros máis lidos nas bibliotecas públicas no 2019, con mención a varios títulos publicados por Xerais: Escarlatina, a cociñeira defunta e O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas; e Fariña, de Nacho Carretero. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha novela simbólica, irónica e intelixente que deixa un bo sabor de boca no lector: «Shanghai a Barcelona», de Amador Castro. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019.

Un relato poderoso e moi ben escrito que nos fai volver os ollos a ese rural que temos na nosa ancoranza: «O verán en Lucenza», de Alberto Fortes. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O verán en Lucenza, de Alberto Fortes, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Xerais recolle nun único volume todo o universo poético de Méndez Ferrín: «Poesía reunida», de Xosé Luís Méndez Ferrín. Anotación de Caetano Díaz

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Caetano Díaz sobre o libro: Poesía reunida, de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado por Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Libros que nos cambian: A literatura infantil e xuvenil comprometida. Reportaxe no xornal: «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou un artigo asinado por Tensi Gesteira sobre a literatura infantil e xuvenil, con mención a tres libros publicados por Xerais: Da Carapuchiña ao señor Lamote, de Miguel Vázquez Freire; Os corpos invisibles, de Emma Pedreira (gañador do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil do 2019) e Xelís, o guieiro das botellas de mar, de Rosa Anei

Unha visión completa da traxectoria persoal e profesional do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: «Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético», de Henrique Dacosta. Anotación no xornal «Diario de Ferrol»

O xornal Diario de Ferrol publicou unha anotación sobre o libro: Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético, de Henrique Dacosta, publicado por Xerais na colección LibroX. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A fascinante historia de dúas mulleres que se tiveron que agochar baixo un disfraz de home para casar: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes», de Narciso de Gabriel. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes, de Narciso de Gabriel, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. Elisa e Marcela. Amigas e amantes, de Narciso de Gabriel   Na editorial Xerais podemos atopar este libro de Narciso de Gabriel que afonda na historia de Elisa e Marcela.

Unha das grandes achegas ao xénero da literatura xuvenil: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia e no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil do 2019.

O libro que consolidou a ficción científica escrita en galego: «Soños eléctricos», de Ramón Caride. Anotación na revista «Paper Blog»

A revista de cultura e ocio Paper Blog publicou unha anotación sobre o libro: Soños eléctricos, de Ramón Caride Ogando, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Blanco Amor de Novela, 1992.

Presentación no Barco de “Galileo no espello da noite” de Xabier Paz

O venres 7 de febreiro de 2020, ás 20:00 horas, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, rúa Academia Dequidt 6, O Barco, terá lugar a presentación do libro Galileo no espello da noite de Xabier Paz. No acto, organizado en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras, participarán Margarida Pizcueta Barreiro e Xabier Paz.

Un libro que amosa como era a poesía de Ferreiro durante os anos da guerra civil: «Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939)», de Celso Emilio Ferreiro. Noticia no Galicia Confidencial

O xornal Galicia Confidencial publicou unha noticia sobre as novidades de Xerais neste mes de xaneiro, con especial mención ao libro: Birimbao. Poemas de mí para ti (1937-1939), de Celso Emilio Ferreiro.   Xerais reúne nun libro varios poemas inéditos de Celso Emilio Ferreiro A editorial tamén celebrará este 2020 os cen anos do nacemento do escritor Ray Bradbury, reeditanto o seu libro Farenheit 451.