Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2020

Novidade: «A semente, á árbore, a froita», de María Reimóndez. O achegamento dunha escritora á figura dunha muller pública para atopar, a través da palabra, a súa exacta dimensión

A semente, á árbore, a froita, de María Reimóndez, é unha novidade da colección Crónica de Xerais. É difícil que haxa alguén que non escoitase falar nos últimos tempos do “efecto Pontón”.

Un título acaído para estes días de confinamento: «Cociñando con Bolboretas no bandullo», de Diana Fernández e David Díaz. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Cociñando con Bolboretas no bandullo, de Diana Fernández e David Díaz, con ilustracións de Iván Rodríguez. O libro está publicado por Xerais na colección Pequeño Merlín.

Viaxa coa lectura: «Un lume azul», de Pedro Feijoo. Reportaxe no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe asinada por Marta Menán na que se da conta dunha selección de libros realizada polo equipo da libraría Trama, con mención ao libro: Un lume azul, de Pedro Feijóo, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha oportunidade para descubrir que, ás veces, os monstros e nós non somos tan diferentes: «Somos os monstros», de Paula Carballeira. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación de Raquel Senra Fernández sobre o libro: Somos os monstros, de Paula Carballeira, con ilustracións de Ignacio Hernández Fernández. O libro gañou o X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, e está publicado por Xerais na colección Biblioteca Dramática Galega. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Lecturas da corentena por David González: «A caixiña dos rancores», de Héctor Cajaraville e «O que sei do silencio», de Andrea Maceiras. Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Nesta quinta entrega da serie, o artigo fai mención a dous títulos publicados por Xerais: A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville e O que sei do silencio, de Andrea Maceiras.

Unha sentida e emocionada homenaxe á nai: «dente de leite», de Arancha Nogueira. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: dente de leite, de Arancha Nogueira, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu.   dente de leite, de Arancha Nogueira(Xerais)   Non sendo un tema dos máis coñecidos, o da nai si é un tema recorrente na poesía universal.

Convocado o IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade

O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia convocan o IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade. O prazo de presentación de orixinais remata o día 12 de xullo de 2020 (cuarto cabodano de Agustín Fernández Paz). As bases do premio poden lerse ou descargarse en formato PDF. nesta ligazón.

Ignacio Vidal gaña o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta pola obra: «Lara e Sabela». Noticia no «Diario de Arousa»

O xornal Diario de Arousa publicou unha noticia sobre o premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, que gañou na súa XXVI edición Ignacio Vidal pola obra titulada: Lara e Sabela. O certame está dotado con 3.000 euros e garantiza tamén a publicación da obra gañadora por Xerais.

Unha trama verdadeiramente interesante: «Trescatorcedezaseis», de Rocío Leira. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Trescatorcedezaseis, de Rocío Leira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro foi finalista do XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.

«Ás de bolboreta», de Rosa Aneiros, entre os libros seleccionados polo xornal «ABC» para os días de confinamento

O xornal ABC publicou unha reportaxe na que o xornalista David Gómez fai una selección de libros para levar mellor os días de confinamento, con mención ao libro: Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Xavier Seoane e os seus haikus: «A póla branca», de Xavier Seoane. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre o libro: A póla branca, de Xavier Seoane, publicado por Xerais na colección: Poesía.   A póla branca, de Xavier Seoane (Xerais)   Que a brevidade é característica nas expresións literarias do século XXI non parece ter dúbida.

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).