Publicado o 31 Xullo, 2020 nas categorías Lectura, Narrativa, Reportaxes
O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Ana Abelenda na que unha serie de autores, editores e libreiros recomendan dez títulos galegos, entre os que figuran tres obras publicadas por Xerais: Resistencia, de Rosa Aneiros; Os fillos do mar, de Pedro Feijóo, Amor de tango, de María Xosé Queizán e Follas Novas, de Rosalía de Castro
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nestas ligazóns:
Dez libr
Ler máis →
Publicado o 31 Xullo, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Alcaldesa Vermella, de El Hematocrítico, con ilustracións de Mar Villar, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.
Alcaldesa Vermella, de El Hematocrítico
Falar de El Hematocrítico é falar de calidade na literatura infantil. Agora temos en Xerais Alcaldesa Vermella, con ilustracións de Mar Vilar.
Ler máis →
Publicado o 30 Xullo, 2020 nas categorías Entrevistas, Narrativa, Televisión
A Televisión de Galicia emitiu unha entrevista de María Solar coa escritora Elba Pedrosa, autora do libro: O que non sabías, publicado por Xerais na colección Narrativa.
A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 02.00″.
Ler máis →
Publicado o 29 Xullo, 2020 nas categorías Blogs, Entrevistas, Narrativa
A web A Movida publicou unha entrevista de Paula Cermeño co escritor Manuel Esteban sobre o libro: A vinganza dos homes bos, publicado por Xerais na colección: Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 28 Xullo, 2020 nas categorías Entrevistas, Fóra de Xogo, Infantil, Xuvenil
O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista asinada por Patricia Blanco á escritora Rocío Leira sobre o libro: Trescatorcedezaseis, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro foi finalista do XI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 27 Xullo, 2020 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Lorena Carral sobre o libro: Conexión Macarrón, de Ledicia Costas, con ilustracións de Laura Suárez, publicado por Xerais na colección: Merlín.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2020 nas categorías Entrevistas, Infantil, Narrativa, Sopa de Libros, Xuvenil
O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Salvador Rodríguez ao escritor Manuel Rivas sobre os libros: O último día de Terranova , e O Chispas, publicados por Xerais.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nestas ligazóns:
Entrevista Manuel Rivas Faro de Vigo 1.
Entrevista Manuel Rivas Faro de Vigo 2.
Ler máis →
Publicado o 24 Xullo, 2020 nas categorías Blogs, Entrevistas, Fóra de Xogo, Infantil, Xuvenil
O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez ao escritor Cándido Paniagua sobre o libro: 48 horas, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.
Cándido Paniagua: «48 horas xorde da necesidade de poñerme a proba»
Cándido Paniagua Pousa (1992). Nado en Xinzo de Limia, reside en Vigo dende que se graduou en Estudos de galego e español pola Universidade de Vigo.
Ler máis →
Publicado o 23 Xullo, 2020 nas categorías Entrevistas, Poesía
O xornal Nós Diario publicou unha entrevista asinada por Irene Pin ao escritor Carlos da Aira sobre o libro: A guerra era contra nós, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.
“A guerra era contra nós”: por unha épica da clase obreira contemporánea
‘A guerra era contra nós’ facíase en 2019 co Premio Lueiro Rei.
Ler máis →
Publicado o 23 Xullo, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites e no xornal Faro de Vigo unha recensión crítica sobre o libro: O que non sabías, de Elba Pedrosa, publicado por Xerais na colección: Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 23 Xullo, 2020 nas categorías Crónica, Feiras_do_libro, Fóra de Xogo, Merlín, Narrativa, Poesía, Sinatura
Do 1 ao 10 de agosto terá lugar a Feira do Libro da Coruña 2020 na que Xerais ten preparado o programa seguinte:
Sábado, 1 de agosto
18:00 h.: Elba Pedrosa asinará O que non sabías
18:00 h.: Amador Castro Moure asinará Shangai a Barcelona
19:00 h.: Arancha Nogueira asinará Dente de leite.
20:00 h.: Manuel Rivas asinará O Chispas e o resto da súa obra.
21:00 h.
Ler máis →
Publicado o 22 Xullo, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Lectura, Narrativa, Xuvenil
O blog Biosbardia, en colaboración coa distribuidora Arnoia e coas librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz), publica unha lista de libros máis vendidos para a que só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.
Ler máis →