Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2020

Ledicia Costas: «Tiña pendente escribir unha historia sobre vampiros». Entrevista en TeleVigo sobre: «Vampira de biblioteca»

Televigo emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas sobre o libro: Vampira de biblioteca, ilustrado por Víctor Rivas e publicado por Xerais na colección Merlín. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 12.00″.

Elba Pedrosa: «A liberdade debe mover a escrita». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «O que non sabías»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Ana Abelenda á escritora Elba Pedrosa sobre o libro: O que non sabías, publicado por Xerais na colección Narrativa (Imaxe: M. Moralejo – La Voz de Galicia). Elba Pedrosa: “Aínda aturamos amores doentes” O que non sabías de Elba Pedrosa pode ir agromando na escrita, coma unha illa botándolle unha lingua de area ao mar.

Un clásico da literatura catalá verquido ao galego: «Palabras de Opoton O Vello». Anotación no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación sobre o libro:Palabras de Opoton O Vello, de Avel-lí Artís-Gener, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Literatura comprometida: loita e rebeldía: «A guerra era contra nós», de Carlos da Aira. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro A guerra era contra nós, de Carlos da Aira, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.   Crítica de «A guerra era contra nós» (Carlos da Aira, Xerais)   Partimos da crenza de que a literatura non debe ser nunca neutra forma de evasión verbal.

Xerais na Feira do Libro de Redondela 2020

Do 16 ao 19 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Redondela na que Xerais ten organizadas as sinaturas seguintes: 17 de xullo ás 18:00 horas, Elba Pedrosa asinará O que non sabías. 17 de xullo ás 20:00 horas, Manuel Esteban asinará A vinganza dos homes bos.

Puri Ameixide : «Para a arquitectura da novela inspireime nas grandes novelas decimonónicas». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública» sobre: «Claro de lúa»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico á escritora Puri Ameixide sobre o libro: Claro de lúa, publicado por Xerais na colección Narrativa. (Imaxe: Cedida – Praza Pública) Puri Ameixide: “Estaba farta de personaxes masculinos fascinantes e perigosos aos que redimir e reformar por amor” ‘Claro de lúa’ (Xerais) é unha novela decimonónica, mais pensada desde o século XXI.

Unha sinopse dos elementos que históricamente caracterizan ao pobo galego: «Galicia contada aos non galeguistas», de Manuel Veiga Taboada. Anotación na guía de cultura «Aí»

A guía de cultura, servizos e ocio en Ferrolterra Aí publicou no seu número 145 (Xullo – 2020) unha anotación sobre o libro: Galicia contada aos non galeguistas, de Manuel Veiga Taboada, publicado por Xerais na colección Ensaio. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Pedro Feijóo: «Volver recuperar o encontro cos lectores é sempre un motivo de celebración». Entrevista en «Cíes Podcast» sobre: «Un lume azul»

Cíes Podcast emitiu unha entrevista co escritor Pedro Feijóo sobre o libro: Un lume azul, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 17″.

Unha novela de segredos familiares e de historias de adolescencia que caen coma un castelo de area na idade adulta: «O que non sabías», de Elba Pedrosa. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro O que non sabías, de Elba Pedrosa, publicado por Xerais na colección Narrativa.   O que non sabías, de Elba Pedrosa (Xerais)   “E dende que mamá chegara aquela madrugada soa de volta á casa, para min o silencio xa fora en adiante o mesmo que a morte”.

Ledicia Costas: «Quixen facer este libro con anacos da parte mais fea da sociedade na que vivimos» Entrevista en «Televigo» sobre: «Infamia»

Televigo emitiu unha entrevista de Jacobo Buceta á escritora Ledicia Costas sobre o libro: Infamia, publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Un relato dirixido á mocidade e protagonizado por un rapaz alcumado “O Chispas”: «O Chispas», de Manuel Rivas. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro: O Chispas, de Manuel Rivas, con ilustracións de Sonia García Vidal, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. Manuel Rivas, «O Chispas»   O retorno de Manuel Rivas sempre é unha boa nova para as letras galegas.

Un pasado que sempre volve porque sempre estivo aí: «A vinganza dos homes bos», de Manuel Esteban. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban, publicado por Xerais na colección Narrativa.