Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2020

Xabier Paz: «Quixen retratar un ser humano próximo, cos seus hábitos domésticos e leceres, cos fracasos íntimos e as derrotas familiares». Entrevista de Montse Dopico en «Praza Pública» sobre «Galileo no espello da noite»

O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Xabier Paz sobre o libro: Galileo no espello da noite, publicado por Xerais na colección Narrativa.

«A media hora dos heroes» e «Campións do mundo», de El Hematocrítico, recomendacións de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura dos libros: A media hora dos heroes, e Campións do mundo, dúas publicacións que forman parte da colección de contos titulada: Lendas do recreo, de El Hematocrítico, con ilustracións de Albert Monteys. A recomendación pode verse nesta ligazón.

O escritor Carlos da Aira presentou o seu libro: «A guerra era contra nós» no I Festival Virtual do Libro de Galicia

O escritor Carlos da Aira participou no I Festival Virtual do Libro de Galicia (FLIV20) para falar e recitar poemas do seu libro: A guerra era contra nós, publicado por Xerais. O libro gañou o VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey A peza pode verse nesta ligazón.

Rocío Leira: «Compráceme formar parte da carteira de gañadores do Certame de Narración Curta Ánxel Fole». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Afogada»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista asinada por M. López á escritora Rocío Leira sobre o libro: Afogada, co que gañou o XXII Certame de Narración Curta Ánxel Fole, convocado polo Concello de Lugo en colaboración con Xerais. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

«Guía de campo da Galicia Encantada», de Antonio Reigosa, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura do libro: Guía de campo da Galicia Encantada, de Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López, publicado por Xerais na colección LibroX. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Programa de Xerais na Feira do Libro de Ponteareas 2020

Do 9 ao 12 de xullo terá lugar a Feira do Libro de Ponteareas 2020 na que Xerais ten o programa seguinte: Xoves 9 de xullo 18:00 horas: Anémona de Río asinará A proba de auga. 19:00 horas: Manuel Portas asinará Cadencias e o resto da súa obra.

Manuel Esteban: «Manso é un antiheroe que camiña sempre sobre o afiado gume do fracaso». Entrevista no «Faro de Vigo» sobre: «A vinganza dos homes bos»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista asinada por Lourdes Varela ao escritor Manuel Esteban sobre o libro: A vinganza dos homes bos, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un relato de ciencia ficción sobre un músico cósmico feo, triste, e por riba namorado: «O Chispas», de Manuel Rivas. Anotación en «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación de Ana Abelenda sobre o libro: O Chispas, de Manuel Rivas, con ilustracións de Sonia García, publicado por Xerais na colección: Sopa de Libros. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un axeitado manual de instruccións para ir sabendo que cartas xoga o nacionalismo galego actual: «A semente, a árbore, a froita», de María Reimóndez. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa, El Ideal Gallego e Diario de Bergantiños unha anotación sobre o libro: A semente, a árbore, a froita, de María Reimóndez, publicado por Xerais na colección Crónica – Conversas. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Un canto de amor á capacidade dos libros para salvarnos: «Vampira de Biblioteca», de Ledicia Costas e Víctor Rivas. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Vampira de biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección: Merlín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 17.00″.

Unha reflexión cruenta sobre os difíciles anos da posguerra protagonizada por vítimas dunha opresión silenciada: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro: A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Gala do Libro Galego (Narrativa), 2018 – Premio da Crítica de Galicia, Creación Literaria 2018.   A nena do abrigo de astracán, de Xabier P.

Un divertido relato sobre o dereito a elexir momentos e persoas para bicar: «Unha fábrica de bicos», de María Canosa e Dani Padrón. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Unha fábrica de bicos, de María Canosa, con ilustracións de Dani Padrón, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.