Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2020

Unha reflexión descarnada sobre a condición humana: «A guerra era contra nós», de Carlos Da Aira. Anotación de Armando Requeixo

O escritor e crítico literario Armando Requeixo publicou no suplemento común dos xornais do Grupo La Capital (‘El Ideal Gallego’, ‘Diario de Ferrol’, ‘Diario de Arousa’ e ‘Diario de Bergantiños’)  unha anotación sobre o libro: A guerra era contra nós, de Carlos Da Aira, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey.

Unha lectura enriquecedora e entretida: «A vinganza dos homes bos», de Manuel Esteban. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban, publicado por Xerais na colección Narrativa.   «A vinganza dos homes bos» ou a novela flutuante   Sempre se dixo que unha novela que comeza ben é moi raro que remate mal. Moi raro. E que o dito resula certo témolo comprobado en multitude de ocasións. Hoxe outra vez máis.

Unha lectura pracenteira da man dun autor que chegou para quedarse: «A vinganza dos homes bos», de Manuel Esteban. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha proposta chea de beleza: «dente de leite», de Arancha Nogueira. Anotación na revista «Luzes»

A revista Luzes publicou unha anotación asinada por Iria Pedreira sobre o libro: dente de leite, de Arancha Nogueira, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha novela moi recomendable para o lectorado que ten como bandeira o “viguesismo”: «A vinganza dos homes bos», de Manuel Esteban. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 24.00″.

Unha colleita e unha análise abondosamente completa da obra de María Reimóndez: «Tecermos redes, crearmos comunidade», de Ánxela Lema e Andrea Nunes. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de María Reimóndez, de Ánxela Lema e Andrea Nunes, publicado por Xerais na colección Lingua e Literatura.

Un libro que gustará á rapazallada: «48 horas», de Cándido Paniagua. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: 48 horas, de Cándido Paniagua, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Varios títulos de Xerais, na listaxe dos libros máis vendidos na segunda quincena de xullo de 2020 que publica Biosbardia

O blog Biosbardia, en colaboración coa distribuidora Arnoia e coas librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz), publica unha lista de libros máis vendidos para a que só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.

Unha hora de boa lectura: «Aplicación instantánea», de Carlos Negro. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro Aplicación instantánea, de Carlos Negro, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2018.   Crítica de «Aplicación instantánea» (Carlos Negro, Xerais)   “Nunca tiven tristura que unha hora de lectura non dera apagado”.

Un relato intimista co amor como elemento principal: «O que non sabías», de Elba Pedrosa. Crítica de Armando Requeixo no Diario Cultural

O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: O que non sabías, de Elba Pedrosa, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 17.00″.

Rosa Aneiros: «Temos que ter a filosofía dos bichicomas: Onde moita xente só ve tristura, sempre podemos atopar un tesouro». Entrevista no programa «Bos Días», da Televisión de Galicia

A escritora Rosa Aneiros participou no programa Bos Días, da Televisión de Galicia, para falar sobre o libro: Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, con ilustracións de Abi Castillo. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, e está publicado por Xerais na colección Merlín. A súa intervención pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 45.00″.

«Dez gatiñas viaxeiras», de Eva Mejuto e Víctor Rivas, recomendación de lectura de Radioleiros

Os responsables de Radioleiros, dentro das súas recomendacións literarias, animaron á lectura do libro: Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto, con ilustracións de Víctor Rivas, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín. A recomendación pode verse nesta ligazón.