Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2020

Novidade: «Catro cartas», de Xabier P. DoCampo. Cinco pretextos para compartir o marabilloso mundo da literatura

Catro cartas, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Fino Lorenzo, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. Enfiadas nas súas vivencias, estas cartas son mensaxes de amor arredor da lectura.

Novidade: «A tropa contra o virus», de Alberto Avendaño. Unha fermosa historia de amor e esperanza na que un grupo de personaxes se unen á doutora Peralta para derrotar ao coronavirus

A tropa contra o virus, de Alberto Avendaño, con ilustracións de Gogue, é unha novidade da colección Camaleón de Xerais. Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19.

Un decidido paso adiante no percorrido autorial de Manuel Esteban: «A vinganza dos homes bos». Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e nas páxinas de Cultura do xornal La Voz de Galicia unha anotación sobre o libro: A vinganza dos homes bos, de Manuel Esteban, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Novidade: «Non fales o que non debes», de Luís Manuel García Mañá. Unha novela na que a apariencia ten pouco que ver coa realidade

Non fales o que non debes, de Luís Manuel García Mañá, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. En Non fales o que non debes, a aparencia ten pouco que ver coa realidade. Xanete, o gato do maxistrado xuíz do Xulgado de Instrución número 1 está desconcertado porque o corpo do seu dono xace morto na rúa.

Viaxar polo mundo cos libros de Ramón Caride: «Perigo vexetal» e «Ameaza na Antártida». Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre os libros: Perigo vexetal e Ameaza na Antártida, de Ramón Caride, publicados por Xerais.   Viaxar polo mundo cos libros de Ramón Caride   “Ola, rapaces do pasado! Que por que vos chamo ‘rapaces do pasado’? Pois porque eu, a que está escribindo isto, son Sheila, vivo no ano 2075, e dende aquí escribo.

Poesía verdadeira que pode axudar a mudar moitas cousas: «A guerra era contra nós», de Carlos Da Aira. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: A guerra era contra nós, de Carlos Da Aira, publicado por Xerais na colección Poesía. O libro gañou o VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey .

Un excelente achegamento á nosa mitoloxía popular para os menos avezados: «Guía de campo da Galicia Encantada», de Antonio Reigosa. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre o libro: Guía de campo da Galicia Encantada, de Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López. O libro está publicado por Xerais na colección LibroX.

Unha ocasión inmellorable para achegar contidos científicos ao público novo nestes tempos de pandemia: «A proba de auga», de Anémona de Río. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: A proba de auga, de Anémona de Río, publicado por Xerais na colección Cómics. O libro gañou oI Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético.

Xerais aposta por boas historias para o público máis novo. Reportaxe no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha reportaxe sobre as novidades das editoriais galegas para o tempo de lecer, con mención a varios títulos publicados por Xerais.   As editoriais procuran público entre a nenez e a mocidade As editoras Xerais, Galaxia e Baía fornecen a poboación galega dun bo número de títulos para o seu tempo de lecer.

Un libro moi recomendable polo seu interese gráfico e documental que non debe faltar en ningunha comicteca galega: «Wolfram», de Alberto Varela. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Wolfram, de Alberto Varela, publicado por Xerais na colección Cómics.   ‘Wolfram’, de Alberto Varela   Unha das noticias máis esperanzadoras da edición galega actual é a publicación normalizada de libros de banda deseñada nos catálogos das editoras xeralistas.

Aventura antelá nunha novela para adolescentes: «48 horas», de Cándido Paniagua. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Un libro moi recomendable que convida a gozar da aventura e do pracer de ler: «A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mónica Armiño, publicado por Xerais na colección Camaleón.