Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2020

Elba Pedrosa: «`O que non sabías´ é unha novela optimista cun final aberto que invita a imaxinar dun xeito positivo». Entrevista no programa «A vivir que son dos días», da Cadea Ser

O programa A vivir que son dos días Galicia, da cadea Ser emitiu unha entrevista coa escritora Elba Pedrosa sobre o libro: O que non sabías, publicado por Xerais na colección: Narrativa. A peza pode escoitarse nesta ligazón.

Varios títulos de Xerais, na listaxe dos libros máis vendidos na primeira quincena de agosto de 2020 que publica Biosbardia

O blog Biosbardia, en colaboración coa distribuidora Arnoia e coas librarías do grupo Punto e Coma (Ourense e Carballo), Libraría Pedreira (Santiago) e Aira das Letras (Allariz), publica unha lista de libros máis vendidos para a que só se teñen en conta os títulos publicados cunha antigüidade menor de doce meses. Tamén reedicións, non reimpresións.

Bases da XXIV edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais

  O Concello de Bueu convocou a XXIV edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais.

Unha narración que sorprende e engancha: «O mundo máxico de Lía», de Eduardo Santiago. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: O mundo máxico de Lía, de Eduardo Santiago, con ilustracións de Marcos Calo, publicado por Xerais na colección Merlín.

Unha novela esixente e pouco convencional: «Celada», de Antonio Piñeiro. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e nas páxinas de Cultura do xornal La Voz de Galicia unha anotación sobre o libro: Celada, de Antonio Piñeiro, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o VII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.

«A nena, o monstro e o mar», de Teresa González Costa e Martín Romero, recomendación de lectura de Radioleiros

Os responsables de Radioleiros, dentro das súas recomendacións literarias, animaron á lectura do libro: A nena, o monstro e o mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Martín Romero, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros. A recomendación pode verse nesta ligazón.