Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2020

Os Premios Xerais 2020 coñeceranse o venres 18 de decembro.

A situación provocada pola pandemia de COVID-19 levou a retrasar o fallo dos Premios Xerais 2020 ao mes de decembro. Os libros gañadores dos tres premios chegarán ás librarías no mes de abril de 2021. Os xurados declararán as obras finalistas, de entre as 121 obras presentadas, na súa primeira reunión que se celebrará o venres 11 de decembro. Os premios coñeceranse o venres 18 de decembro.

Suso de Toro: «O médico Ramón Baltar Domínguez foi vítima de represalias, pero non foi unha vítima. Aguantou en pé». Entrevista de Daniel Salgado en «Eldiario.es» sobre: «Un señor elegante»

O xornal Eldiario.es publicou unha entrevista de Daniel Salgado ao escritor Suso de Toro sobre o libro: Un señor elegante, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Unha novela literariamente moi valiosa e de lectura engaiolante: «Os incurábeis», de Antonio Tizón. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Os incurábeis, de Antonio Tizón, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Un capítulo da nosa historia visto dende os ollos dos nenos e das mulleres: «A lavandeira de San Simón», de Eva Mejuto e Bea Gregores. Anotación no Faro de Vigo

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación sobre o libro: A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, publicado por Xerais na colección: Pequena Memoria. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

O escritor Manuel Portas presentou o seu libro: «Cadencias» no I Festival Virtual do Libro de Galicia

O escritor Manuel Portas participou no I Festival Virtual do Libro de Galicia (FLIV20) para presentar o libro: Cadencias, publicado por Xerais na colección Milmanda. A peza pode verse nesta ligazón.

Álex Alonso: «Na novela tratei de explicar, de maneira ficcionada, por que dous policías chegan a perpetrar o crime». Entrevista en TeleVigo sobre: «Granito»

Televigo emitiu unha entrevista co escritor Álex Alonso sobre o libro: Granito, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXXI Premio Torrente Ballester de Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 03.00″.

Unha opción perfecta para o lectorado máis novo: «A media hora dos heroes» e «Campións do mundo», de El Hematocrítico. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Rocío García sobre os libros: A media hora dos heroes e Campións do mundo, de El Hematocrítico, publicados por Xerais na colección: Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha lírica alternativa que presta poñer na porta do frigorífico. E tecerlle un tapete. E chantala derriba da tele: «Ninguén morreu de ler poesía», de Aldaolado. Anotación de Armando Requeixo

O escritor e crítico literario Armando Requeixo publicou no suplemento común dos xornais do Grupo La Capital (‘El Ideal Gallego’, ‘Diario de Ferrol’, ‘Diario de Arousa’ e ‘Diario de Bergantiños’)  unha anotación sobre o libro: Ninguén morreu de ler poesía, de Aldaolado (dúo poético formado por Lucía Aldao e María Lado), publicado por Xerais na colección: A recensión pode ler

Francisco Xosé Fernández Naval: «Con este libro nacín como escritor». Anotación en «La Voz de Galicia» sobre: «O bosque das antas»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación sobre o libro: O bosque das antas, de Francisco Xosé Fernández Naval, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 1988. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Manuel Rivas: «O xornalismo debía ser un activismo da liberdade, e no entanto vive nos predios do conformismo». Entrevista no xornal «Eldiario.es» sobre: «Zona a Defender»

O xornal Eldiario.

Máis aventuras de Astérix e Obélix en lingua galega: «O Menhir de Ouro» e «Astérix e os normandos», de René Goscinny. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación asinada por Carmen Ferreira sobre os libros: O Menhir de Ouro. Astérix, e Astérix e os normandos, de René Goscinny, publicados por Xerais na colección: Cómics. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Prosa poética de alta voltaxe: «A guerra era contra nós», de Carlos Da Aira. Anotación de Román Raña

O xornal Faro de Vigo publicou una anotación de Román Raña sobre o libro: A guerra era contra nós, de Carlos Da Aira, publicado por Xerais na colección: Poesía. O libro gañou o VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.