Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2020

Ignacio Vidal Portabales: «Non escribiría de non sentir esa pulsión de divertirme co que fago». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «Lara e Sabela»

Lara e Sabela, de Ignacio Vidal Portabales, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val, Andrés C. M. Riveira e Carlos Aguado, ademais d autor. O libro gañou o XXVI Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Radio Fene (Radiofusión) emitirá os días 15 a 30 de decembro o podcast: «Un home estraño», baseado na novela de Antonio Tizón

Radio Fene (Radiofusión) emitirá os días 15 a 30 de decembro de 2020, ás 10.00 e ás 14.30 horas, o podcast: Un home estraño baseado na novela de Antonio Tizón, con guión do mesmo autor. O libro acadou o VI Premio Cidade Centenaria de Ribeira e foi publicado por Xerais en 2018.

Contemplar un país dende as súas palabras: «Dicionario irreal para un país imposible», de Xavier Seoane e Ramón Trigo. Anotación de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no suplemento Táboa Redonda dos xornais El Progreso e Diario de Pontevedra unha anotación sobre o libro: Dicionario irreal para un país imposible, de Xavier Seoane, con ilustracións de Ramón Trigo, publicado por Xerais na colección Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Actos de Xerais na “Muralla das Letras” en Lugo

A Deputación de Lugo organiza, con motivo da celebración dos vinte anos como Patrimonio da Humanidade da Muralla de Lugo, un interesante programa de actividades que terá lugar os días 11, 12 e 13 de decembro de 2020 no Centro Cultural O Vello Cárcere, Lugo e no que Xerais ten os seguintes actos: Venres 11 ás 18:30 horas: Ledicia Costas en conversa con Eva Mejuto. A autora de obras como Infamia, A señorita Bubble.

María Canosa: «A conciliación chegará cando as mulleres sexamos conscientes de que non somos as únicas responsables de todo». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «O lado do que dormes»

O lado do que dormes, de María Canosa, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Esther Val e Eva Mazás, ademais da autora. O libro está publicado por Xerais na colección Milmanda. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

Un fito na recuperación das voces silenciadas, ocultas, exiliadas e castigadas da historia: «A lavandeira de San Simón», de Eva Mejuto e Bea Gregores. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, publicado por Xerais na colección Pequena Memoria.

Suso de Toro reconstrúe a historia da familia Baltar no seu novo libro: «Un señor elegante». Anotación no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha anotación de M. García sobre o libro: Un señor elegante, de Suso de Toro, publicado por Xerais na colección: Narrativa O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha lectura moi recomendable que nos amosa o camiño de pracer que hai na busca do coñecemento: «Despoxos e vísceras ilustres», de María Xosé Queizán. Crítica de Pilar Ponte

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre o libro: Despoxos e vísceras ilustres, de María Xosé Queizán, publicado por Xerais na colección: Ensaio. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Que sorte ter unha Señorita Bubble!: «A Señorita Bubble. Baixo cero», de Ledicia Costas e Andrés Meixide. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: A Señorita Bubble. Baixo cero, de Ledicia Costas, con ilustracións de Andrés Meixide, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.   A Señorita Bubble. Baixo cero, de Ledicia Costas e Andrés Meixide   Quizais Ledicia Costas teña unha variña máxica para a escrita dirixida á rapazallada. Estaba lendo o libro e imaxinándome nena.

Mulleres de Llanos poñen cara ao 2021: «Calendario Xerais 2021. Mulleres Llanos». Anotación no xornal «Atlántico Diario»

O xornal Atlántico Diario publicou unha anotación de Ana Baena sobre o Calendario Xerais 2021. Mulleres Llanos. Trátase dun calendario fotográfico de parede con doce fotografías pertencentes ao Arquivo Llanos. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Álex Alonso: «Interesoume o crime de Nigrán polo feito de que dous policías asasinasen a toda unha familia». Entrevista en «La Voz de Galicia» sobre: «Granito»

  O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas ao escritor Álex Alonso sobre o libro: Granito, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXXI Premio Torrente Ballester de Narrativa (Imaxe: Capotillo – La Voz de Galicia).

Un libro de lectura imprescindible tanto no ensino como para a cidadanía xeral: «Zona a Defender», de Manuel Rivas. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Zona a Defender, de Manuel Rivas, publicado por Xerais na colección Crónica – Xornalismo.   Esperanza de revolución, a revolución da esperanza: «Zona a Defender», de Manuel Rivas   O mundo anda escaso de revolucións.