Publicado o 14 Xaneiro, 2020 nas categorías Críticas, Crónica, Xornalismo
O xornal Faro de Vigo publicou una anotación do escritor Estro Montaña sobre o libro: Vigo, puro milagre, de Manuel Bragado, publicado por Xerais na colección: Crónica – Xornalismo.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 13 Xaneiro, 2020 nas categorías Críticas, Narrativa, Radio
O crítico Armando Requeixo interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Shanghai a Barcelona, de Amador Castro Moure, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2019.
A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 13 Xaneiro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: O ceo das reixas, de Eli Ríos, publicado por Xerais na colección Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 10 Xaneiro, 2020 nas categorías Presentacións, Universitaria
O xoves 16 de xaneiro de 2020 ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco, rúa San Lorenzo 3, Allariz, terá lugar a presentación do libro Rexurdimento: a palabra e a idea de Anxo Angueira.
No acto, organizado pola Fundación Vicente Risco, participarán Anxo Angueira e Celia Pereira Porto.
Ler máis →
Publicado o 10 Xaneiro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Infantil, Merlín, Xuvenil
O blog O meu andel publicou un artigo no que Manrique Fernández fai unha selección de libros para os cativos, con mención a: Xelís, o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros, publicado por Xerais na colección: Merlín. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2019.
Ler máis →
Publicado o 10 Xaneiro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, LibroX
O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: Arte e escritura na Galicia medieval. Séculos VI-X, de Anselmo López Carreira, publicado por Xerais na colección LibroX.
Ler máis →
Publicado o 9 Xaneiro, 2020 nas categorías Poesía, Presentacións
O xoves 16 de xaneiro de 2020 ás 20:00 horas, no Edificio do Museo de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias.
No acto, organizado pola Asociación Cultural Maio Longo, participarán Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Abilleira Sanmartín e Cesáreo Sánchez Iglesias.
Ler máis →
Publicado o 9 Xaneiro, 2020 nas categorías Entrevistas, Narrativa
O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista co escritor Pedro Feijóo con motivo da presentación do seu libro, Un lume azul, na libraría Librouro.
A noticia e a entrevista pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 8 Xaneiro, 2020 nas categorías Narrativa, Presentacións
O sábado 11 de xaneiro ás 12:30 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz 125, Vigo, terá lugar unha conversa ao redor da diversidade sexual nas novelas do “Ciclo dos elementos” de María Reimóndez.
No acto participarán Éric Dopazo, músico e transactivista; Ana Ojea, docente, activista e titora LGBTIQ+ no Instituto Politécnico de Vigo e María Reimóndez.
Haberá vermú e petiscos.
Ler máis →
Publicado o 8 Xaneiro, 2020 nas categorías Blogs, Críticas, Narrativa
Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Un conto siciliano e outras historias, de Estro Montaña, publicado por Xerais na colección Narrativa.
Ler máis →
Publicado o 7 Xaneiro, 2020 nas categorías Básicos Ciencia, Reportaxes
José Miguel Viñas, divulgador e consultor da OMM -Organización Meteorolóxica Mundial- recomenda o libro: Os tempos e o clima de Galicia, de Alberto Martí Ezpeleta, Juan José Taboada, Dominic Royé e Xavier Fonseca, publicado por Xerais na colección: Básicos Ciencia.
A recomendación pode verse nesta ligazón.
Ler máis →
Publicado o 7 Xaneiro, 2020 nas categorías Entrevistas, Narrativa
A escritora Ledicia Costas participou no Club FARO para falar sobre o libro: Infamia, publicado por Xerais na colección Narrativa. A noticia foi publicada polo xornal Faro de Vigo.
O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.
Ler máis →