Menu Xerais

Arquivo anual: 2021

Manuel Rivas: «Estamos nunha Era Mayday que é a dunha emerxencia climática, unha guerra contra a natureza». Entrevista no xornal «O Salto» sobre: «Zona a Defender»

O xornal O Salto publicou unha entrevista de Lois Alcayde Dans ao escritor Manuel Rivas sobre o libro: Zona a Defender, publicado por Xerais na colección Crónica-Xornalismo.

Unha obra divertida e dinámica especialmente recomendable para a rapazada: «A Señorita Bubble. Baixo cero», de Ledicia Costas e Andrés Meixide. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: A Señorita Bubble. Baixo cero, de Ledicia Costas, con ilustracións de Andrés Meixide, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.   ‘Recensión: «A Señorita Bubble.

Un libro referencial, de grande interese: «Ulcis», de Xosé Fernández Ferreiro. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Ulcis, de Xosé Fernández Ferreiro, publicado por Xerais na colección Narrativa.

Carta en tinta de choco: «A lavandeira de San Simón», de Eva Mejuto e Bea Gregores. Anotación no xornal «Nós Diario»

O xornal Nós Diario publicou unha anotación asinada por Susana Sanches Arins sobre o libro: A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto, con ilustracións de Bea Gregores, publicado por Xerais na colección: Pequena Memoria. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Álex Alonso: «Esta novela é ficción, o único real é un crime que impresionou a Vigo». Entrevista no xornal «Atlántico Diario» sobre: «Granito»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista asinada por Ana Baena ao escritor Álex Alonso sobre o libro: Granito, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o XXXI Premio Torrente Ballester de Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Para inspirar aos Reis Magos: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza e «A Señorita Bubble. Baixo cero», de Ledicia Costas. Crítica de Manrique Fernández

O blog O meu andel publicou un artigo de Manrique Fernández sobre literatura infantil e xuvenil con mención a dous libros publicados por Xerais: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza; e A Señorita Bubble. Baixo cero, de Ledicia Costas. Para inspirar aos Reis Magos… Chegadas estas datas, é tradición que neste blog lle dediquemos unhas liñas á literatura infantil e xuvenil.

Antonio Tizón: «Tentei abordar o tema da enfermidade mental en clave de xénero negro e dunha forma entretida e amena para o lector». Clube de lectura en Radiofusión sobre: «Os incurábeis»

Os incurábeis, de Antonio Tizón, protagonizou un novo encontro do clube de lectura de Radio Fene Radiofusión, no que participaron Henrique Sanfiz, Carlos Aguado e Eva Mazás, ademais do autor. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa. A peza pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.

A Señorita Bubble ao rescate de elfos e pingüíns: «A Señorita Bubble. Baixo cero», de Ledicia Costas e Andrés Meixide. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: A Señorita Bubble. Baixo cero, de Ledicia Costas, con ilustracións de Andrés Meixide, publicado por Xerais na colección: Sopa de Libros. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

O compromiso social do mellor cirurxán: «Un señor elegante», de Suso de Toro. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Un señor elegante, de Suso de Toro, publicado por Xerais na colección Narrativa.   O compromiso social do mellor cirurxán: «Un señor elegante», de Suso de Toro   Velaquí unha nova novela de Suso de Toro, unha novela consistente, unha novela de peso, unha novela que computa 530 páxinas (incluído “Preludio”).

Anselmo López Carreira: «O obxectivo do libro é reivindicar a existencia dunha Galicia medieval, que tiña título de Reino, e que funcionou como tal durante a Idade Media,». Entrevista no «Faro de Vigo» sobre: «O Reino medieval de Galicia»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista asinada por Lourdes Varela ao historiador Anselmo López Carreira sobre o libro: O Reino medieval de Galicia, do que é autor xunto con Xosé Miguel Andrade Cernadas, e que está publicado por Xerais na colección Contamos a nosa historia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Un reencontro co xénero lírico na súa vertente máis desenfadada e heterodoxa : «Ninguén morreu de ler poesía», de Aldaolado. Crítica no blog «Balea Cultural»

O blog Balea Cultural publicou unha recensión de Iria Pedreira sobre o libro: Ninguén morreu de ler poesía, de Aldaolado (dúo poético formado por Lucía Aldao e María Lado), publicado por Xerais na colección Poesía.

Un libro extraordinario, un tesouro imperecedoiro con vontade de clásico da nosa literatura infantil e xuvenil: «Fábulas contadas», de Gonzalo Navaza e Orelí Pello. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Fábulas contadas, de Gonzalo Navaza, con ilustracións de Orelí Pello, publicado por Xerais na colección Sopa de Libros.   ‘Fábulas contadas’, de Gonzalo Navaza e Orelí Pello   Gonzalo Navaza, o noso sabio das palabras, consegue que cada un dos seus libros sexa un tesouro, unha arca única e moi valiosa.