Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2021

Novidade: «Cóntame un conto cuántico», de Juanjo Lamelas: Un achegamento á física cuántica da man dun divertido protagonista chamado Electroncio

Cóntame un conto cuántico, de Juanjo Lamelas, é unha novidade da colección Básicos Ciencia de Xerais. Neste libro, Juanjo Lamelas explica a física cuántica coma se fose un conto. E para facilitar a comprensión válese dun protagonista chamado Electroncio, unha partícula elemental que aproveita as súas propiedades de ente cuántico para relatar dende dentro o estraño mundo no que vive.

Novidade: «Camiño perigoso», de Ánxela Loureiro. Unha historia que transcorre en tempos das revoltas irmandiñas e que viaxa polo Camiño de Santiago

Camiño perigoso, de Ánxela Loureiro, é unha novidade da colección Fóra de Xogo de Xerais. En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos.

Un libro cheo de compromiso coa vida: «Zona a defender», de Manuel Rivas. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e na sección “Ex umbra in solem“, nas páxinas do suplemento Fugas de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: Zona a defender, de Manuel Rivas, publicado por Xerais na colección Crónica – Xornalismo .

Un artefacto literario construído para transmitir sinceridade e autenticidade: «Todas as vidas», de Xosé Ramón Pena. Anotación de Eva Moreda en «Biosbardia»

Eva Moreda publicou en Biosbardia unha crítica sobre o libro: Todas as vidas, de Xosé Ramón Pena,  publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘Todas as vidas’, o brillo do auténtico Todas as vidas, a última entrega narrativa de Xosé Ramón Pena, é unha colección de oito relatos, algún xa case noveletas. De xeito se cadra non demasiado científico, poderiamos dividilos en dous grupos principais.

Novidade: «Cantares gallegos», de Rosalía de Castro. Un libro que encarna a esencia máis íntima do sentimento galego

Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, con edición de María do Cebreiro, é unha novidade da colección Biblioteca das Letras Galegas. Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no século XIX, e Cantares gallegos, publicado por vez primeira o 17 de maio de 1863, representa o primeiro gran paso cualitativo cara á madurez poética de Galicia.

Novidade: «Non pare a festa. É tempo de entroido 2», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Un grupo de personaxes do Entroido galego xúntanse co propósito de organizar unha boa festa

Non pare a festa. É tempo de entroido 2, de Ramón D. Veiga, con ilustracións de David Sierra, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais. Un grupo de personaxes do Entroido galego, armados de instrumentos musicais e outros útiles para montar estrondo, xúntanse co propósito de organizar unha boa festa. Porque o Entroido é para enchedoiros, mais tamén para trouleiros e folieiras.

Suso de Toro: «Eu identifiqueime bastante con Ramón Baltar, gustoume moito o seu espírito de independencia e o seu orgullo». Entrevista no xornal «Tempos Novos» sobre: «Un señor elegante»

O xornal Tempos Novos publicou unha entrevista asinada por Eduard Velasco ao escritor Suso de Toro sobre o libro: Un señor elegante, publicado por Xerais na colección Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Novidade: «Cobiza», de María Reimóndez. Unha apaixonante novela de ciencia ficción feminista

Cobiza, de María Reimóndez, é unha novidade da colección Milmanda de Xerais. O libro gañou o I Premio Pinto e Maragota á Diversidade Sexual e de Xénero. Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais.

Novidade: «As illas dos deuses», de Serafín Parcero. Unha apaixonante novela de intriga construída a partir da reinvención da nosa historia

As illas dos deuses, de Serafín Parcero, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso “Alba de groria” nun momento en que xa sabe que ten a doenza do cancro. É entón cando aparece na cidade arxentina un sicario do goberno franquista coa encarga de matar a Castelao.

Un título que non debe faltar en calquera biblioteca que se prece do noso país: «Dicionario irreal para un país imposible», de Xavier Seoane. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Dicionario irreal para un país imposible, de Xavier Seoane, con ilustracións de Ramón Trigo, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares.

Á caza das mellores novelas curtas no VIII concurso Cidade Centenaria de Ribeira. Reportaxe no xornal «La Voz de Carballo»

O xornal La Voz de Carballo publicou unha noticia sobre a oitava edición do concurso de novela curta Cidade Centenaria de Ribeira, un certame convocado polo Concello de Ribeira e que ten aberto o prazo para a presentación de orixinais ata o día 23 de marzo. (Imaxe: Celada, de Antonio Piñeiro, novela gañadora da sétima edición do certame). O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Lectura para sementar futuro: «Zona a Defender», de Manuel Rivas. Anotación de Héitor Mera

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Héitor Mera sobre o libro: Zona a Defender, de Manuel Rivas, publicado por Xerais na colección Crónica – Xornalismo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.