Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2021

Pola educación integrativa: «Plan de rescate», de Antía Yáñez e Xiana Teimoy. Anotación no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación asinada por María Navarro sobre o libro: Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy, publicado por Xerais na colección: Merlín. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2019. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «O meu irmono», de O Hematocrítico e Alberto Vázquez: Un conto de humor sobre as diferentes formas de ver o mundo

O meu irmono, de O Hematocrítico, con ilustracións de Alberto Vázquez, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais. Marta ten un irmán moi raro. É un mono! Un conto de humor sobre as diferentes formas de ver o mundo.

Novidade: «Un can», de O Hematocrítico e Alberto Vázquez: Un conto de humor sobre o dereito a ser diferente

Un can, de O Hematocrítico, con ilustracións de Alberto Vázquez, é unha novidade da colección Pequeno Merlín de Xerais. Moncho é un can, aínda que algúns non queiran recoñecelo. Un conto de humor sobre o dereito a ser diferente.

Non máis Matildas: «Pioneiras» e «Pioneiras 2», de Anaír Rodríguez. Reportaxe na web A Movida

A web A Movida publicou unha reportaxe de Pablo Vázquez titulada: Non máis Matildas, sobre a necesaria recuperación de figuras femininas que foron relevantes na historia da ciencia, con mención aos libros: Pioneiras e Pioneiras 2, de Anaír Rodríguez, publicados por Xerais.   Non máis Matildas «Imaxinas que pasaría se Einstein nacese muller? Pois que probablemente hoxe non saberiamos quen é Einstein.

Novidade: «Nus», de Manuel Gago: Un retrato irónico da Galicia dos anos 80 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro

Nus, de Manuel Gago, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo.

Novidade: «Cocotibur», de Rafael Fernández Lorenzo e Esteban Souto: Unha historia de fantasía que conta a misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega

Cocotibur, de Rafael Fernández Lorenzo, con ilustracións de Esteban Souto, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. A misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega e a súa intensa e dificultosa busca son o fío condutor desta historia de fantasía que bebe directamente das lendas da tradición oral.

«As illas dos deuses», de Serafín Parcero, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en Correo Televisión, animaron á lectura do libro: As illas dos deuses, de Serafín Parcero, publicado por Xerais na colección Narrativa. A recomendación pode verse nesta ligazón.

Faleceu Xosé Ramón Barreiro Fernández

Dende Xerais expresamos o noso pesar polo falecemento do historiador e académico Xosé Ramón Barreiro Fernández.

Novidade: «A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo»: Unha obra que reúne todos os textos poéticos que Díaz Pardo publicou ao longo de máis de medio século (1955-2007)

A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo, de Isaac Díaz Pardo, edición de Esperanza Luz Mariño Davila, é unha novidade da colección Clásicos de Xerais.

Novidade: «Contos de obxectos», de Xabier P. DoCampo: Un libro que recolle oito relatos até agora inéditos dun magnífico orador

Contos de obxectos, de Xabier P. DoCampo, con fotografías de DNL, é unha novidade da colección Camaleón de Xerais. Magnífico orador, Xabier P. DoCampo posuía unha especial mestría para relatar historias a viva voz.

Pablo Prado e Miguel Rojo detallan o seu traballo conxunto para gañar o concurso de O Garaxe Hermético e Xerais. Entrevista no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha entrevista cos autores Pablo Prado e Miguel Rojo sobre o libro: Nerea. O príncipe da sorte, co que gañaron o II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, que publicará Xerais. Imaxe: A proba de auga, de Anémona de Río, obra gañadora da primeira edición do certame. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «A afogada», de Rocío Leira: Unha novela de intriga onde a verdade parece estar ateigada de mentiras e a mentira ser unha parte máis da verdade

A afogada, de Rocío Leira, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2020. Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos.