Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2021

Manuel Darriba: «A novela ten que ver con cousas que están sucedendo no mundo, que son peores aínda que a Covid e que durarán máis». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «A realidade»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego co escritor Manuel Darriba sobre o libro: A realidade, publicado por Xerais na colección Narrativa. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Un libro ideal para ilo gorentando aos poucos no ronsel: «Bichería», de Carlos López e Xan López Domínguez. Crítica de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e nas páxinas de Cultura do xornal La Voz de Galicia unha anotación sobre o libro: Bichería, de Carlos López, con ilustracións de Xan López Domínguez, publicado por Xerais na colección Pequeno Merlín.

A aventura de ser unha mesma: «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias», de Yolanda Castaño. Anotación no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación sobre o libro: Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, de Yolanda Castaño, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “O retorno dos Homes Mariños” de Xurxo Souto

O sábado 17 de abril ás 12:00 horas, no local da AVC Casco Vello, rúa Cánovas del Castillo 2-5º de Vigo, terá lugar a presentación do libro O retorno dos Homes Mariños de Xurxo Souto. Aforo reducido. Para reservar cadeira 986 439 799 ou info@cascovello.

Novidade: «Darío a diario», de Xela Arias: Un manifesto íntimo e interno que afonda na entrañable experiencia da maternidade

Darío a diario, de Xela Arias, con ilustracións de Iván Rodríguez Castro, é unha novidade da colección Camaleón de Xerais. En 1996 Xela Arias publica «Darío a diario», un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade.

Novidade: «O infinito nun xunco. A invención dos libros no mundo antigo», de Irene Vallejo: Unha fascinante viaxe pola historia dos libros ao longo de trinta séculos

O infinito nun xunco. A invención dos libros no mundo antigo, de Irene Vallejo, con tradución de María López Suárez, é unha novidade da colección Ensaio de Xerais. «O infinito nun xunco» é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento, os libros e o seu impacto social.

Unha alabanza, case un himno, a unha das obras máis galardoadas en lingua galega: «Herba moura», de Teresa Moure. Anotación no diario «Público»

O diario Público publicou unha anotación asinada por Raquel Moraleja sobre o libro: Herba moura, de Teresa Moure, con motivo da súa tradución ao castelán.

Presentación na Coruña de “O retorno dos Homes Mariños” de Xurxo Souto

O xoves 15 de abril de 2021 ás 20:00 horas, na sede de Portas Ártabras, rúa Sinagoga 22, A Coruña, terá lugar a presentación do libro O retorno dos Homes Mariños de Xurxo Souto. No acto participarán Felipe Senén e Xurxo Souto.

Novidade: «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias», de Yolanda Castaño: A vida dunha escritora que é un auténtico referente para xeracións de autoras galegas

Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, de Yolanda Castaño, é unha novidade da colección Merlín de Xerais. A poeta Yolanda Castaño cóntanos neste libro a vida de Xela Arias e móstranos como xa na infancia dunha nena escritora se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man.

Unha narración engaiolante sobre o mito da Coca de Redondela: «Cocotibur», de Rafael Fernández Lorenzo e Esteban Souto. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Cocotibur, de Rafael Fernández Lorenzo, con ilustracións de Esteban Souto, publicado por Xerais na colección Merlín.

Xurxo Alonso gaña o Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía coa obra: «As vaidosas agonías». Noticia no xornal «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou unha noticia sobre o premio Manuel Lueiro Rey de Poesía que gañou o escritor e pintor vilagarciano Xurxo Alonso pola obra titulada: As vaidosas agonías, que será publicada por Xerais en setembro.  (Imaxe: Corpo, de Antón Lopo, novela gañadora do Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, 2018). A noticia pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Daniel Salgado: «O libro intenta rexistrar de que xeito a historia se inscribe nos corpos, na realidade concreta das cousas». Entrevista en «Praza Pública» sobre: «Os paxaros e outros poemas»

    O xornal Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao xornalista e escritor Daniel Salgado sobre o libro: Os paxaros e outros poemas, publicado por Xerais na colección Poesía.