Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2021

Rosa Aneiros: «Confío moito nesta historia; no fondo, levo toda a vida escribíndoa». Entrevista no xornal «El Progreso» sobre: «Sibila»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista coa escritora Rosa Aneiros sobre o libro: Sibila, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Unha escritora con vocación autónoma, libre para marcar territorio propio, moderna no sentido máis antagonista da palabra: «Denuncia do equilibrio», de Xela Arias. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre Xela Arias, a autora homenaxeada coas Letras Galegas 2021, con mención ao libro: Denuncia do equilibrio, publicado por Xerais na colección: Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Feira do Libro de Ourense 2021. Sinaturas

Do 2 ao 5 de xuño, na rúa do Paseo de Ourense, terá lugar a Feira do Libro de Ourense 2021 na que Xerais ten organizadas as seguintes sinaturas de exemplares: O xoves 3 de xuño, ás 20:00 horas, Xabier Domínguez e Alba De Eván, asinarán exemplares do seu libro Maxia de pedra.           O venres 4 de xuño, ás 20:00 horas, Antonio Tizón asinará exemplares de Os incurábeis e do resto da súa obra.

Rocío Leira: «Con esta novela quería sacar á luz a cara menos coñecida das altas capacidades». Entrevista no «Zig Zag Diario» sobre: «A afogada»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha entrevista de Pilar García Rego coa escritora Rocío Leira sobre o libro: A afogada, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2020. A entrevista pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 01.00″.

Unha opción para introducir á infancia na longa viaxe da lectura: «Cancións para Ana Lúa», de Xavier Seoane e Correa Corredoira. Anotación no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha anotación de María Lucía González Castro sobre o libro: Cancións para Ana Lúa, de Xavier Seoane, con iustracións de Correa Corredoira, publicado por Xerais na colección: Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación de “Coidadora” de María Marco en Vigo

O luns 31 de maio, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Marco, rúa do Príncipe 54 de Vigo, terá lugar a presentación da novela Coidadora de María Marco, Premio Xerais de Novela 2020. No acto participarán María Marco e Fran Alonso. Aforo restrinxido a 34 persoas polas normas anti-covid.

A biografía literaria referencial e divulgativa da autora das Letras Galegas 2021: «Xela Arias. Os territorios da liberdade», de María Xesús Nogueira. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: Xela Arias. Os territorios da liberdade, de María Xesús Nogueira, publicado por Xerais na colección LibroX.   ‘Xela Arias.

As aventuras convencionais dos “Tetiñas e Piroliñas Free”: «Nus», de Manuel Gago. Crítica de César Lorenzo Gil

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de César Lorenzo Gil sobre o libro: Nus, de Manuel Gago, publicado por Xerais na colección Narrativa. A crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A xornalista Irene Montero gaña o VIII Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Noticia nos medios de comunicación

A xornalista Irene Montero gaña o VIII Concurso de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira pola obra: Lúa Nova. O certame está convocado polo Concello de Ribeira, ten unha gratificación de 3.000 euros e inclúe a publicación da obra por Xerais. (Imaxe: Celada, de Antonio Piñeiro, novela gañadora da sétima edición do certame). A noticia foi recollida polos seguintes medios de comunicación: Diario de Arousa (22-maio-2021).

Un texto ameno e ben construído de clara inspiración cinematográfica: «A afogada», de Rocío Leira. Crítica de Pilar Ponte

O suplemento Faro da Cultura de Faro de Vigo publicou unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre o libro: A afogada, de Rocío Leira, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O libro gañou oPremio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2020. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

A canle Nós Televisión emitiu unha reportaxe sobre a poeta, tradutora e editora Xela Arias, homenaxeada coas Letras Galegas 2021

Nós Televisión emitiu unha reportaxe sobre a poeta, tradutora e editora Xela Arias (Sarria, 1962-Vigo, 2003), homenaxeada coas Letras Galegas 2021. (Imaxe: Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, de Yolanda Castaño) A peza pode verse neste enlace.

Tempo e silencio: «Sibila», de Rosa Aneiros. Anotación de Diego Ameixeiras

O suplemento Fugas do xornal La Voz de Galicia publicou una anotación do escritor Diego Ameixeiras sobre o libro: Sibila, de Rosa Aneiros, publicado por Xerais na colección: Narrativa. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.