Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2021

Novidade: «As desterradas», de Carme Varela. Unha obra que se adentra no enfrontamento entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos nos séculos XV e XVI

As desterradas, de Carme Varela, é unha novidade da Colección Biblioteca Dramática Galega de Xerais. O libro gañou o XXV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2020. Ao mosteiro de Albeos, situado entre as fortalezas de Melgaço en Portugal e a de Fornelos en Galicia, chega unha carta da raíña Xoana de Castela.

Novidade: «In memoriam», de Pepe Carballude. Unha novela na que se quere homenaxear a persoas que pagaron coa vida a defensa dos seus ideais

In memoriam de Pepe Carballude, é unha novidade da Colección Fóra de Xogo de Xerais. A chegada dun grupo de voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica para escavar o antigo Parque da cidade, onde se cre que están os restos dun fusilado pouco despois da Guerra Civil, desencadeará un lote de sorpresas, que saldarán débedas pasadas e avivecerán vellas historias adormecidas.

Unha lectura chea de saltos temporais, de temas diferentes, de expresións riquísimas, mesmo dunha distopía abrumadora: «Sibila», de Rosa Aneiros. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Sibila, de Rosa Aneiros, publicado por Xerais na colección: Narrativa   Sibila, de Rosa Aneiros   Cando souben que Rosa Aneiros publicaba novela, sentín unha ledicia enorme. O seu nome é sinónimo de calidade, e fun veloz a buscala. Logo, unha vez comezada, sentinme confusa, non entraba na historia e iso desanimoume… un chisco.

Novidade: «Escola de salvaxes. Os Minimortos», de Ledicia Costas e Mar Villar. Unha nova aventura da panda de ultratumba para descubrir as verdadeiras intencións da mestra Sinistra

Escola de salvaxes. Os Minimortos, de Ledicia Costas, con ilustracións de Mar Villar, é unha novidade da Colección Sopa de Libros de Xerais. A inesperada aparición da mestra Sinistra revoluciona os Minimortos. Quen será esa muller tan excéntrica? Camiña coma se pisase chinchetas, leva un sol enriba da cabeza e está empeñada en obrigalos a estudar. Os Minimortos non queren saber nada da escola.

Novidade: «A Barcelonesa», de Xabier Paz. Unha novela protagonizada por un edificio familiar como sede da memoria doméstica e social, lugar onde reclamar os ausentes

A Barcelonesa, de Xabier Paz, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. En «A Barcelonesa» a morte desencadea a narración. Un edifico notable, que liga a montaña luguesa coa Habana, coa Mariña e coa cidade da Coruña, atravesa tres xeracións como testemuña dos seus avatares e define o espazo vital de avós, pais e fillos.

«Sibila», de Rosa Aneiros e «Lixeiro», de Ismael Ramos, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros do mes de xuño

Sibila, de Rosa Aneiros e Lixeiro, de Ismael Ramos, figuran entre os libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de xuño de 2021.

Unha pequena grande achega para darnos a coñecer a figura de Xela Arias: «Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias», de Yolanda Castaño. Anotación de Pilar Ponte

O xornal Faro de Vigo publicou unha anotación de Pilar Ponte sobre o libro: Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, de Yolanda Castaño, publicado por Xerais na colección Merlín. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación na Coruña dos dous primeiros títulos da colección “Contamos a nosa historia”

O mércores 16 de xuño de 2021, ás 19:00 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías 3, A Coruña, terá lugar a presentación dos dous primeiros títulos da colección Contamos a nosa historia: O reino medieval de Galicia de Anselmo López Carreira e Xosé Miguel Andrade e Celtas, castrexos e romanos de Francisco Xavier González García. No acto participarán Isidro Dubert, director da colección, e Francisco X.

Unha novela de formación contemporánea logradísima e de excelencia: «santoamaro», de Antonio Manuel Fraga. Anotación de Manuel Bragado

O editor Manuel Bragado publicou unha anotación no seu blog Brétemas sobre o libro: santoamaro, de Antonio Manuel Fraga, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020.   ‘santoamaro’, de Antonio Manuel Fraga   Consegue Antonio M.

Un libro que quere achegar a nosa historia á xente nova dun xeito lúdico: «Maxia de pedra», de Xabier Domínguez e Alba De Evan. Entrevista en «Telemiño»

Telemiño emitiu unha entrevista con Alba De Evan sobre o libro: Maxia de pedra, do que é autora xunto con Xabier Domínguez e que conta con ilustracións de Eli García. A obra está publicada por Xerais na colección Sopa de Libros A entrevista pode verse nesta ligazón.

Sinaturas na Feira do Libro de Redondela 2021

Do 16 ao 20 de xuño, na Alameda de Redondela, terá lugar a Feira do Libro 2021 na que Xerais organiza as sinaturas: venres 18 de xuño, ás 18:00 horas sinatura de Ledicia Costas.   domingo 20 de xuño, ás 18:00 horas sinatura de María Reimóndez.

Dous libros diferentes escritos cunha sensibilidade que emociona: «santoamaro», de Antonio Manuel Fraga e «A folla azul», de Andrea Maceiras. Crítica de Antonio García Teijeiro en «Versos e aloumiños»

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre os libros: santoamaro, de Antonio Manuel Fraga, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020; e A folla azul, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Sonia García, Premio Merlín de Literatura Infantil 2020.