Menu Xerais

70 anos do nacemento de Agustín Fernández Paz

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre os 70 anos do nacemento de Agustín Fernández Paz.

 

70 anos de Agustín

Lembramos onte a Agustín Fernández Paz no día que se cumpriron 70 anos do seu nacemento en Vilalba. O do seu aniversario era un día de ledicia que Agustín celebraba coa intención de revivir os días felices compartidos coas persoas queridas. Así tamén pretendemos que sexan todos os 29 de maio do futuro, para nós o día de Agustín Fernández Paz, unha xornada para compartir azos e ensinanzas dunha figura humana e literaria extraordinaria. E nada mellor que lembralo cun novo libro ou cunha nova edición da súa obra, aínda aberta. Neste ano facémolo con Un mundo de palabras, a obrano que o mestre reuniu, coa axuda de Isabel Soto, os seus textos sobre o libro e a lectura; un libro de ensaio importante na súa traxectoria como autor literario e como mediador, dous dos seus labores principais. Presentarémola o vindeiro sábado 3 de xuño, na illa de San Simón, no serán dos Xerais, onde queremos agarimalo. Sempre con Agustín no noso corazón e memoria.

Manuel Bragado

Deixa un comentario!