Menu Xerais

«Anthology of Galician Literature» de Jonathan Dunne

UNHA ANTOLOXÍA CON VOCACIÓN TOTALIZADORA E CANONIZADORA

A magna Anthology of Galicia Literatura/Antoloxía da Literatura Galega preparada por Jonathan Dunne sinala, na miña opinión, un dos camiños polo que o noso sistema literario se debe encarreirar na loita pola súa supervivencia: o da colaboración entre empresas (aquí Xerais e Galaxia), neste caso abenzoada co apoio da Xunta, cuxa ausencia resultaría incomprensible nun proxecto coma este, un proxecto de equipo, que reúne entre antologadores e traductores máis de cento vinte persoas, e que por iso mesmo refuga a vocación totalizadora e canonizadora que adoita subxacer a todo desafío antolóxico. O que resoa aquí é nunha polifonía de voces, o eco actual da nosa historia literaria. A excepcional calidade das traducións ao inglés fai deste libro unha aposta de futuro. Dolores Vilavedra

Fragmento do artigo publicado por Dolores Vilavedra nas páxinas de «Luces» de El País Galicia de 25 de xuño de 2010.

Comentarios pechados