Menu Xerais

A «Anthology of Galician Literature 1981-2011», bilingüe galego-inglés, pretende mostrar ao mundo a vitalidade da literatura galega. Entrevista co antólogo, Jonathan Dunne

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Jonathan Dunne, polo seu libro Antoloxía da literatura galega 1981-2011Anthology of Galician Literature 1981-2011.  O antólogo refírese á antoloxía como un libro moi vivo, moi actual, que ten a pretensión de mostrar ao mundo lector en lingua inglesa a vitalidade da creación literaria en galega, con toda a súa riqueza e variedade. A antoloxía representa a 60 autores e autoras da literatura galega actual e Jonathan Dunne considera que o libro constitúe unha importante carta de presentación, xa que «sen tradución a identidade non existe».

 

A entrevista, en mp3, pode escoitarse ou descargarse neste enlace.

Deixa un comentario!