Menu Xerais

A Consellería de Cultura organiza unha exposición itinerante para difundir a vida e a obra de Xela Arias, escritora homenaxeada coas Letras Galegas 2021. Noticia no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha noticia sobre a exposición titulada: Asinamos ser libres, unha mostra itinerante promovida pola Consellería de Cultura co obxectivo de difundir a vida, a obra e o contexto histórico de Xela Arias, a escritora homenaxeada coas Letras Galegas 2021. A mostra está coordinada pola crítica literaria María Xesús Nogueira e fórmana unha selección de fotografías de Xulio Gil, do arquivo familiar Arias Castaño e do Arquivo Edicións Xerais de Galicia. Imaxe: Xela Arias. Os territorios da liberdadede María Xesús Nogueira.

O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

 

 

 

 

 

 

 

 

Comentarios pechados