Menu Xerais

«A dúbida», de María Reimóndez, «O anxo negro», de Manuel Gago, e «Masculino singular», de Carlos Negro, encabezan o ranquing da Tabela dos libros do mes de xuño

A dúbida, de María Reimóndez, O anxo negro, de Manuel Gago, e Masculino singular, de Carlos Negro sitúanse no primeiro, segundo e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de xuño na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

 

Comentarios pechados