Menu Xerais

A escritora Dolores Redondo visita Galicia esta semana

Nesta semana do 16 ao 20 de febreiro, Dolores Redondo, autora da exitosa triloxía ambientada no  , visitará Galicia para manter varios encontros cos seus numerosos lecto@s
Os tres títulos, O gardián invisible Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta, publicados por Xerais na colección Narrativa, están traducidos a trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego. Están xa vendidos os dereitos cinematográficos a Nadcon Films para unha película que vai ser dirixida por Peter Nadermann.
Os actos organizados para o público en xeral son:
Martes, 17 ás 19:30 horas, na librería Cronopios de Pontevedra, a xornalista Susana Pedreira manterá unha conversa con Dolores Redondo.
Mércores, 18  ás 19:00 horas, no IES Torrente Ballester de Pontevedra, terá lugar unha Mesa Redonda na que participarán Dolores Redondo, Pedro Feijoo e Domingo Villar. Modera o xornalista Ramón Rozas.
Xoves, 19 ás 20:00 horas, no Museo de Arte Contemporáneo da Coruña, Dolores Redondo abre a programación do  ciclo “A libro aberto: diario en negro”.

 

Comentarios pechados