Menu Xerais

A escritora Dolores Redondo visita Galicia

A semana do 16 ao 20 de febreiro, Dolores Redondo, autora da exitosa triloxía ambientada no Val de Baztán, visitará Galicia para manter varios encontros cos seus numerosos lecto@s

Os tres títulos, O gardián invisible, Legado nos ósos e Ofrenda á tormenta , publicados por Xerais na colección Narrativa, están traducidos a trece linguas: francés, alemán, inglés, turco, castelán, italiano, catalán, portugués do Brasil, noruegués, holandés, euskera, grego e galego. Están xa vendidos os dereitos cinematográficos a Nadcon Films para unha película que vai ser dirixida por Peter Nadermann.

Os actos organizados para o público en xeral son:

  • Martes, 17 ás 19:30 horas, na librería Cronopios de Pontevedra, a xornalista Susana Pedreira manterá unha conversa con Dolores Redondo.
  • Mércores, 18  ás 19:00 horas, no IES Torrente Ballester de Pontevedra, terá lugar unha Mesa Redonda na que participarán Dolores Redondo, Pedro Feijoo e Domingo Villar. Modera o xornalista Ramón Rozas.
  • Xoves, 19 ás 20:00 horas, no Museo de Arte Contemporáneo da Coruña, Dolores Redondo abre a programación do  ciclo “A libro aberto: diario en negro”

Deixa un comentario!