Menu Xerais

A novela «Corredora», da escritora María Reimóndez centrará o sábado o debate do Comando Le, de Espazo Lectura

A novela novela Corredora , da escritora María Reimóndez centrará a sesión do vindeiro sábado 25 de novembro, as actividades do Comando Le de Espazo Lectura, un club de lectura dirixido a mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h). A escritora reunirase cos membros do club de lectura na sesión de xaneiro.

 

«Corredora», de María Reimóndez, na próxima sesión do Comando Le

O sábado 25 de novembro, de 20:00h a 00:00h, a Casa da Lectura acollerá unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura para mozos e mozas de máis de 12 anos. Nesta ocasión a sesión xirará arredor da novela Corredora, de María Reimóndez, publicada por Edicións Xerais, e incluiranse diferentes actividades que nos permitirán reflexionar xuntos sobre a realidade que presenta esta novela que lles propuxemos como lectura aos comandoleiros e comandoleiras. Como é habitual, haberá unha pausa para a cea polo que os rapaces e rapazas que asistan deberán levar algo para compartir.

Deixa un comentario!