Menu Xerais

A exposición “Pioneiras. Galegas que abriron camiño” no Salón do Libro de Pontevedra

O Salón do Libro de Pontevedra, que na súa décimo novena edición leva por título Mulleres de Conto, acolle a exposición «Pioneiras. Galegas que abriron camiño».

Pioneiras no Salón do Libro de Pontevedra 2018

A mostra está baseada no álbum Pioneiras. Galegas que abriron camiño de Anaír Rodríguez e ilustrado por Nuria Díaz, editado por Xerais, e reúne as biografías e ilustracións de doce galegas que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero para dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.

A exposición pódese visitar durante a celebración do Salón, do 6 ao 29 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Fotografías de Alba Sotelo.

Comentarios pechados