Menu Xerais

A fascinante historia de dúas mulleres que se tiveron que agochar baixo un disfraz de home para casar: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes», de Narciso de Gabriel. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha anotación sobre o libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes, de Narciso de Gabriel, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares.


Elisa e Marcela. Amigas e amantes, de Narciso de Gabriel

 


Na editorial Xerais podemos atopar este libro de Narciso de Gabriel que afonda na historia de Elisa e Marcela. Amigas e amantes, unha historia teatralizada maxistralmente pola Panadaría e levada asemade ao cine por Isabel Coixet. O libro non só conta a súa historia, esa que máis ou menos (máis menos ca máis) coñeciamos, senón que tamén achega o proceso xudicial ao que tiveron que enfrontarse as dúas protagonistas e a repercusión pública na prensa galega, madrileña, portuguesa e bonaerense. Unha historia que cando deixa de ser “singular” permite que as protagonistas volvan a vivir no anonimato e prosegur coas súas vidas, de aí que deixe de existir documentación, o que o converte en máis valorable pensando que por fin puideron seguir adiante.

Segue a se fascinante a historia de valentía destas dúas mulleres, tendo que agocharse baixo un disfraz de home para casaren e ter vida en común, aínda que a  estrataxema fose descuberta e por isto ter que fuxir cal asasinas, por España, Portugal e ata Arxentina. Envexa dá pensar na súa afouteza e no mérito que supón enfrontarse a unha sociedade que non comprende amores que non sexan os “heterosexuais normalizados”.


Comentarios pechados