Menu Xerais

A historia dunha pequena protagonista que comprende que só o coñecemento dá sabedoría: « A formiga destemida», de María Reimóndez e Iván Sende. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis  publicou unha anotación sobre o libro: A formiga destemida, de María Reimóndez, con ilustracións de Iván Sende, publicado por Xerais na colección Merlín.

 

A formiga destemida, de María Reimóndez e Iván Sende

Na colección Merlín da editorial Xerais podemos atopar esta proposta de María Reimóndez con ilustracións de Iván SendeA formiga destemida ten unha protagonista que como o propio título indica, necesita coñcer o mundo máis alá do seu propio, lanzándose a coñecer, porque só o coñecemento dá sabedoría,  e porque só sen prexuízos podemos de canto nos rodea.

Porque diso precisamente se trata: só na educación e na cultura poderemos ser sabios, e libres. Libres de pensamento e libres de acción, como a nosa pequena protagonista, quen comprende cando pode volver e cal é a súa orixe.

Comentarios pechados