Menu Xerais

A libraría Chan da Pólvora escolle o libro de poemas «Culpable», de Eli Ríos, como obra do mes de xuño para o seu club de lectura

A libraría compostelá Chan da Pólvora escolleu o libro de poemas Culpable, de Eli Ríos, como obra do mes de xuño para o seu club de lectura aberto, dentro do ciclo Poema(s) de Primavera.

O sábado 9 de xuño, de 11.00 a 13.00, terá lugar un encontro coa autora na sede da librería (R/ San Pedro, 74 – Santiago de Compostela).

O cartel do encontro pode verse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

 

 

 

 

Deixa un comentario!