Menu Xerais

A Libreira organiza un Vermú literario sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras, para o sábado

A Libreira (Rúa Luís Seoane 2, O Temple) organiza para o próximo sábado 15 de xaneiro un Vermú Literario en torno ao libro Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras.

Durante o acto, que terá lugar sobre a unha e media da tarde, haberá un encontro co autor para falar do libro, da saúde da narrativa galega e do repuntar da novela negra. Os vermús literarios son unha ocasión para reunirse e pasar un anaco agradable arredor dos libros e outras manifestacións artísticas.

Comentarios pechados